Luzbell o demo bombilla é un álbum
de banda deseñada publicado por Galaxia con guión de Diego Rosales
e debuxos de Xosé Tomás. Os creadores recuperan nel un personaxe
que vira a luz
no congreso Pé de
imaxe
(a mediados dos noventa), pasando pola revista Golfiño,
a páxina dominical do diario El
progreso
e no Diario de
Pontevedra.
O
álbum componse
de
historias humorísticas dunha páxina nas que o protagonista é o
demo Luxbell que xunto con outros personaxes como Vatio, Al-Kalina,
Oliverius,
Slurp e outros, revisitan a Historia Sagrada cun toque de humor para
tirarnos o sorriso.
Destinada
a un lectorado experto, a banda deseñada é un xénero moi
demandado entre os/as adolescentes.
Se
queredes consultar recomendacións de cómic en galego, tedes as
nosas seleccións nas Maletas viaxeiras ou nos Taboleiros de Pinterest.
No hay comentarios:
Publicar un comentario