![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhhBidEK1II6h8zW-Hf2Lncpa9Zhmyo0Mf2pcyuza4FHc3GpG_CczfJvVLrTum2wrowadPcY8tkkvz565sO-i7URfbQbGLQR2oh1ZdOJFMhr9bIBoZYKnM_q2tWW5K690rhR7hIxB0yD_nf/s200/a+se%25C3%25B1orita.jpg)
Editada por Xerais e ilustrada por Andrés Meixide, vén de publicarse a nova novela de Ledicia Costas, A señorita Bubble.
Segundo a autora é unha homenaxe ás mulleres inventoras que, "como ocorre en moitos outros ámbitos, foron invisibilizadas ao longo da historia". O relato está cargado de fantasía e marcado pola estética steampunk.
A señorita Bubble tamén é unha homenaxe a diferentes escritores e cineastas como Jules Verne, Tim Burton ou Roald Dahl.
Personaxes como a señorita Bubble, Sofi, Noa ou Vincent farán un canto á liberdade e imaxinación fronte a intrasixencia e ignorancia da sociedade que xulga e rexeita o diferente.
Indicada a partir de lectores autónomos, non debe faltar nas bibliotecas escolares.