Próximo o día 24 de febreiro, Día de Rosalía, achegamos algunhas novidades en torno á súa vida e obra.
A escolma de poesía rosaliana
Rosalía feminista, realizada por Helena González Fernández en
Xerais e dirixida a alumnado xuvenil.
Na presentación editorial fálasenos de que"A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade, a compaixón polas persoas inocentes e tristes, a certeza da vulnerabilidade. Nese triángulo de furias afírmase a Rosalía feminista. Dálle voz á moza, á violada, á solteira, á vella, á nai obrigada a deixar o fillo só, ás mulleres confinadas entre o amor romántico e unha idea estreita de familia. Avisa dos perigos do gaiteiro da festa, do emigrante que non ha volver, da violencia do poder. Defende a xustiza pola man. E crea a viúva de vivo: esa muller soa, sen rostro, sen amor e tamén sen amo que resolve, como unha Penélope navegante, deixar de agardar.
A editorial Hoja de Lata publica unha biografía de
Rosalia escrita por
Luisa Carnés (narradora invisibilizada da Xeración do 27) en 1945, no seu exilio mexicano.
Segundo a súa presentación editorial é "Unha obra chea de encanto e complicidade, tan rica en ambientes que parece, en moitos momentos, un conto gótico máis que un texto biográfico".
Este libro vai destinado a partir dun lectorado autónomo.