27/10/11
SEMPRE RODARI
26/10/11
NOVO ÁLBUM ILUSTRADO
24/10/11
UNHA NOVIDADE, EN BANDA DESEÑADA
20/10/11
Un novo libro de Paul Jennings
FEBRE de Héctor Carré
18/10/11
ADIVIÑA... DE QUE LIBRO SE TRATA?
A respecto de Goebbels e a derrota do exército alemán en Stalingrado... “O caso é que, co seu estilo cínico e mentireiro de sempre, fixo discursos afirmando que un golpe como aquel só serviría para fortalecer aínda máis a Alemaña, que despois de recuperarse dunha desgraza tan grande sería, daquela si, definitivamente invencible. Dicía iso porque sabía que a xente empezaba a pensar precisamente o contrario. Empezaba a pensar que quizais o alemáns non eran tan invencibles como parecían. Aquel diaño era un xenio da propaganda política. Parecerache estraño, pero ese estilo aínda se utiliza hoxe en día. Trátase de negar a evidencia co maior descaro e acusar de mentireiros aos que din a verdade. É un estilo propio das ditaduras máis tamén serve para manter firmes as bases do teu partido despois dunha derrota electoral ou de calquera contratempo importante. Despois cambian o discurso contando con que a memoria colectiva é dçebil e intentan crecer de novo”
Ou esta outra
“Canto máis estúpido sexa o discurso máis absoluto é o poder”.
14/10/11
UNHA SERIE co seu trailer
Planeta Mincha, de Manel Cráneo.
Esta serie destinada aos primeiros lectores publicada dentro da colección Ler é vivir de Everest Galicia.
Recollemos da nota de prensa:
Trata das mil inquedanzas do protagonista, un científico orixinario das pradarías de Vërdia, unha das rexións do Planeta Mincha. O seu lugar de nacemento na pequena aldea de Hirflä chamada Virdüña, xunto cos seus costumes constitúen os aspectos máis atractivos dunha das primeiras entregas que baixo o título Diario de Pichük dá a coñecer Quen é Pichük? O seu autor, Manel Cráneo, recrea un mundo imaxinario con habitantes aos que lles gusta reflexionar e facer as cousas con calma, por iso entre outros detalles, tardan un ano en poñerlle nome aos seus fillos.
O autor (do texto e as imaxes) é o debuxante e ilustrador Miguel Cráneo (A Coruña, 19973), alguén que vén amosando unha ampla actividade desde mediados dos anos noventa, cando promoveu numerosos fanzines. Así mesmo, Cráneo participou nas dúas etapas da revista Golfiño —realizando a serie A fraga Milmañas con guións de Carlos Amil— asemade que traballos seus viron a luz en cabeceiras colectivas como BD Banda, Barsowia ou Subterfuge. Ex presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), liderou a súa práctica refundación en 2003. Nesa xeira foi tamén o principal promotor, con Kike Benlloch, do Colectivo Chapapote, resposta ao desastre do Prestige coa participación de ducias de ilustradores. Ademais dunha longa experiencia en cartelismo e publicidade, Cráneo é o responsable do storyboard de diversos filmes e curtametraxes.
13/10/11
MÁIS BANDA DESEÑADA en promoción
Un novo video promocional. Esta vez trátase da obra A man do diaño de Brais Rodríguez, publicado por Demo editorial.
O autor, Brais Rodríguez, conseguiu o Premio Castelao de Cómic con esta obra. El, pertence á xeneración dos xoves dibuxantes que están impulsando o cómic en Galicia e reclaman poder desenvolver a súa carreira aquí, sen ter que exportar o seu talento.
"A man do diaño é un alegato antibelicista de estilo moderno e vinculado ao novo cómic europeo", en palabras do organizador do certame e presidente do xurado Miguelanxo Prado.
Brais Rodríguez é licenciado en Bellas Artes e foi combinando a súa faceta de debuxante ca de pintor ata que o mundo do cómic o atraiu ao completo. Foi cofundador do fanzine 'Carne Líquida' e un dos autores fixos da revista 'Barsowia'.
11/10/11
NOVELA GRÁFICA EN GALEGO
Unha novela gráfica que conta unha historia de intriga ambientada na Costa da Morte, nunha vila dedicada á caza de baleas, en pleno século XIX. Nesta obra atopamos referencias a feitos históricos como o naufraxio do buque Serpent perto do cabo Vilán.
Tokio sorpréndenos con este cómic editado por Demo Editora.
7/10/11
REVISTA DE BANDA DESEÑADA INFANTIL
"Fiz, unha revista para iniciar aos nenos no cómic, aproveitando o éxito e a estrutura de Retranca. Poderase ver no Salón de Barcelona e sairá en galego e en español.
Será unha revista bimestral que sairá en quioscos, en galego en Galicia e en español para o resto de España. Un proxecto sen subvencións, outra vez. A revista chámase FIZ, a revista do neno máis porco do mundo. A idea é aproveitar o éxito do personaxe para entrar na casa dos rapaces sen ter que acudir aos personaxes das series de TV. Sei que a experiencia errada de Míster K está recente (Aínda que eu asinaría xa por poder chegar a sacar todos os números que se editaron de ela!!). Pero creo que debemos de tentar recuperar o mercado dos nenos no cómic español, que o temos descoidado, e que quizais a experiencia en quioscos de Retranca axude a atraer novos lectores aos quioscos.
Trátase de facer unha revista pensada para os nenos, politicamente incorrecta, de historietas feitas por autores españois e sobre todo tentando entreter. Cadro de persoal de luxo: Mel, Monteys, Fernando Iglesias (Kohell), Ed Carosia & Diego Arandojo, un relato de Manuel Lourenzo ilustrado por Víctor Rivas, Jali, José Domingo, Alex Fuentes & Busquet, Vergara & Olivares, Jorge García & Sagar e eu mesmo".
5/10/11
NOVIDADES. A partir de oito anos.
Unha historia de medo (agora que se achega o Samaín e defuntos) salpresada de humor para tratar o sempre negro tema da morte. Pablo Albo é o autor deste relato no que os zombis se mesturan con personaxes ao estilo do frautista de Hamelín que levaba con el aquelo que molestaba ou con lembranzas de experiencias como as das vacas tolas. O que tal fai unha alimentación inadecuada!
A irreverencia comeza co nome da vila, Matamala, onde teñen lugar os sucesos, para continuar coa escolla dos protagonistas: un grupo de galiñas que á súa vez comeron o millo afectado polo primeiro raio da lúa chea en noite de defuntos; a partir de aí unha historia de zombis imposibles de matar ou morrer, por moitos anacos que fagas dos polos, noite plenas de loucura con polos fragmentarios correndo polos camiños e con eles que tiveron a desdita de comelos á súa vez... Observando a situación os humanos: o dono das mazurcas que as vendeu, o gandeiro que llas dá aos pitos, o empregado da carnicería, o crego, ... e outros.Mikel Mardones, desde as ilustracións, completando o relato e introducindo outras asociacións moi ao caso. como ese Frankestein que semella drogarse, esa aldea que é unha das nosas e case a recoñecemos con nome propio... nunhas imaxes de gran riqueza que non esqueceremos.
O ano que os pitos perderon a cabeza será inesquecible, sen dúbida.
4/10/11
E ... MÁIS
Como no caso anterior, trátase de obras de Claire D’Harcourt, que combinan equilibradamente texto e imaxe, que analizan detalles artísticos do lenzo, desde a técnica pictórica ata o tratamento da luz ou os planos visuais. Tamén achegan datos sobre o contexto histórico e a biografía do pintor. Coidadas edicións, incluso con superficies barnizadas, que se completan cunha lámina desplegable da obra.
Trátase de entrar no cadro e ir pasando duns a outros personaxes e con eles na época e na sociedade dese tempo, atoparse co autor ou coa parella que se adianta desde o fondo do espello. Non se trata dun retrato ou unha imaxe de grupo posando, senón de recoller unha escea chea de complexidades.
3/10/11
ALGUNHA TRADUCIÓN MÁIS
Persépole é obra autobiográfica na que esta autora nos conta o seu pasado a partir do ano 1979, cando Marjane ten dez anos e é testemuña dun cambio social e político que pon fin a máis de cincuenta anos de reinado do sha de Persia en Irán e dá paso a unha república islámica.
Deben agradecerse os esforzos pola tradución e a edición de obras actuais e de boa recepción entre o mocidade, e a maneira de facelo é mercándoas para facer posible que estas empresas continúen editando. No caso que nos ocupa, fálase -na nova de prensa- do proxecto de continuar a colección con Palestina e Safe Area Goraz de de Joe Sacco e o clásico que dou nome ao movemento da Novela Gráfica: Contrato con Deus de Will Eisner.