Próxima a celebración do Día mundial da poesía o 21 de marzo, neste tempo difícil que nos toca vivir, queremos recomendar irmá paxaro de Tamara Andrés, con ilustracións de María Montes. Este poemario foi publicado a finais de 2019 na recén creada editorial Cuarto de Inverno.
irmá paxaro é finalista dos Premios da Gala do libro galego 2019 tanto no apartado de poesía, no xuvenil como no de libro ilustrado.
Libro de poemas destinado a un lectorado xuvenil, en irmá paxaro atopamos "o relato da perda da complicidade entre dúas irmás descoñecedoras de que o golpe máis duro é o paso do tempo". A xove poeta Tamara Andrés "emprega a poesía, nun texto profundamente narrativo, para mostrarnos a dispar evolución de dúas irmás que mantiñan un elo na infancia que lles permitía ser elas mesmas até que quebrou co despregar das ás da irmá pequena: a irmá paxaro".
Lectura que recomendamos para un club de lectura de poesía, para as nosas seleccións poéticas ou para as lecturas en voz alta, aínda que sexan virtuais agora mesmo.
ela pousou a súa ollada sobre min
e vestiume
No hay comentarios:
Publicar un comentario