30/4/14

Un recurso con motivo do día da danza,


O Servei de Biblioteques del Departament de Cultura da Generalitat de Catalunya acaba de editar unha bibliografía básica dedicada ao mundo da danza, que nos fai chegar, con motivo do Día da Danza (29 de abril)
Tamén nos achega o taboleiro de Pinterest relacionado con este tema.
Agradecemos este recurso, que será moi utilizado en certas bibliotecas escolares.

29/4/14

Publicacións arredor de Díaz Castro



Cartafol de traducións e outros poemas, publicado polo Consello da Cultura Galega da man de Armando Requeixo, pon o seu gran de area na coñecemento deste autor ao que este anbo se dedican as Letras Galegas.O volume recolle reproducións facsimilares de traducións poéticas de autores como Rilke ou Víctor Hugo feitas por Díaz Castro e tamén a tradución dos seus propios poemas a outras linguas, así como un estudo introdutorio de Requeixo. 
Deste autor xa era o volume publicado por Galaxia Vida e obra de Xosé María Díaz Castro.
da editorial Galaxia son tamén as publicacións Nimbos, a segunda delas en edición de Luís Tosar. 
Máis información sobre Díaz Castro, na páxina da Real Academia Galega

 

28/4/14

Un libro de Paula Carballeira e Xosé Tomás

A burra Ramona, da autoría de Paula Carballeira e con ilustracións de Xosé Tomás, publicado por Baia
Da presentación editorial, podemos recoller... "Un bo día, a burra Ramona, deixa de traballar e decide que quere voar. A súa decisión vai influír nunha chea de personaxes que, colaborando con ela, van conseguir realizar os seus soños aprazados e mesmo desouvir os mandados do exército e do rei". 
É o que ten ser tan testalán... que ata apareces nas camisetas.
Dous creadores a ter en conta, unha autora e un ilustrador que nunca nos decepcionan.

25/4/14

Finalistas da Gala das Letras. Modlaidade de literatura infantil e tradución


Literatura Infanto-xuvenil
         A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo (Xerais)
         A pantasma da casa da Matanza, de Miro Villar (Biblos)
         Todos somos, de Marcos Calveiro (Xerais)
 
Tradución
Desgastei cadeas estrañándote, de Ahmed Arif, traducido por Pepa Baamonde e Irfan Güler (Espiral Maior)
Ulises, de James Joyce, na tradución de Antón Vialle, Eva Almazán, María Alonso Seisdedos e Xavier Queipo (Galaxia)
Viaxe ao futuro. Relatos de ciencia ficción,  VV. AA., en tradución de Alejandro Tobar (Vicens Vives)

24/4/14

A viaxe de Gagarin, novo libro de Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz anuncia a publicación do seu novo libro, A viaxe de Gagarin. Nesta ligazón pódese descargar xa o primeiro capítulo desta novela. 
Ademais, o escritor abre un blogue, A VIAXE DE GAGARIN, no que recompila algunhas informacións que foi atopando no proceso de escrita e que poden ser de interese para os lectores. A xenerosidade do escritor e o coidado para cos seus lectores maniféstase unha vez máis na creación desta "canle complementaria" para ampliar información sobre a temática da súa novela. 
Lembramos que Agustín Fernández Paz mantén, así mesmo, un blogue no que vai creando entradas de gran interese sobre diversos temas que lle son queridos: o cómic, o cine, a música, a literatura...

21/4/14

Finalistas da Gala das Letras nas modalidades de mellor traxectoria de Xornalismo Cultural




Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2013

Mellor libro de Narrativa publicado en 2013
      * O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila (Galaxia)
 

GUÍA DE RECURSOS CONTRA O ACOSO ESCOLAR


A biblioteca CIVICAN acaba de publicar unha guía de selección de lectura infantil e xuvenil contra o acoso escolar que leva o título de "Pasa página al acoso escolar". 
U

16/4/14

Nova versión de Hansel e Gretel

OQO editora acaba de publicar o conto clásico dos irmáns Grimm, Hansel e Gretel, en versión de Tina Meroto nos textos e Iratxe López de Munáin.


Iratxe López de Munáin é a ganadora do Premio Europeo Cociña de contos á mellor proposta de ilustración para o álbum ilustrado Hansel e Gretel, no marco do proxecto europeo: Europa á carta. 
Este libro é o resultado deste premio, que tamén vai acompañado dun CD de música gravado pola Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra, que recolle unha selección instrumental de distintos fragmentos da ópera Hansel e Gretel. Esta ópera foi composta en 1891 e 1892 por Engelbert Humperdinck, con libreto da súa irmá Adelheide Wette, baseada no conto dos irmáns Grimm.
 

15/4/14

Fallo do Premio Compostela de álbum ilustrado

O VII Premio Internacional Compostela de álbum ilustrado premio recaeu en Ícaro, obra do ilustrador Federico Delicado.
O premio está dotado con 9.000 euros e coa publicación nas cinco linguas peninsulares no mes de outubro. Segundo o xurado trátase “moi contemporáneo”, dun traballo “para pensar e sentir” pola súa capacidade para “aguilloar as conciencias, sendo provocador e esperanzador á vez”. Tamén destacaron a súa “perfecta simbiose entre texto e ilustración, que se complementan mutuamente e ofrecen múltiples lecturas”, e tamén que “non deixa indiferente a ninguén”, facendo “dubidar” os lectores sobre “onde comeza a realidade e onde remata a fantasía”.
Dende o punto de vista artístico, consideraron que rende “homenaxe aos grandes creadores, Franz Kafka e Edward Hopper”. A calidade plástica das ilustracións reflíctese, puntualizou o xurado, “nas atmosferas creadas que engaden profundidade e densidade á lectura”, con pistas que se apuntan en cada imaxe abrindo “a posibilidade a novas interpretacións”.
Ademais de acordar por maioría que “Ícaro” sexa a obra gañadora, o xurado do VII Premio Internacional
Compostela declarou finalista o álbum titulado “Sonho com asas”, das portuguesas Fátima Afonso e María
Teresa Martinho Marques, de Setúbal e Azeitao, respectivamente.
Pola súa calidade, o xurado recomendou a edición de “Antoni Gaudí”, de Dàlia Adillón Mars, da localidade
barcelonesa de Vic; “Pescadoras”, de Nadia Graciela Menotti Ayala, de Bos Aires; e Máquina Ballena”, de
Federico Fernández Alonso e Germán González Pintos, de Vigo.
Información na páxina de Editorial Kalandraka.

14/4/14

Nova tradución: O libro da selva

O libro da selva de Rudyard Kipling, en tradución de Rafael Salgueiro, acaba de ser publicado por Sushi Books.
Recóllese da presentación editorial: "Unha manda de lobos protexe a Mowgli cando este apenas sabe camiñar. O pequeno aprenderá as leis que rexen a vida na selva da man de Baloo, un vello oso pardo que tamén lle ensina o valor da amizade. (...) Publicado orixinalmente en inglés en 1894, o libro recolle unha serie de historias ambientadas na selva india, protagonizadas por animais e das que se desprenden ensinanzas para a vida." 
Nunca é tarde para volver aos clásicos, todo o contrario!
A través deste título, dámoslle a benvida a este novo selo editorial que engade valor ao sistema literario galego.

11/4/14

Premio Pura e Dora Vázquez da Deputación de Pontevedra



A ilustradora de Ciudad Real Patricia Román Ortega foi a gañadora da XI edición do premio "Pura e Dora Vázquez de Ilustración Infantil e Xuvenil", que convoca a Deputación de Ourense.
Os traballos de ilustración, de diferentes estilos e temáticas, baséanse no texto gañador do premio de narración O trasno de Bóveda e a chave máxica, de Luis Antonio Pérez Varela.
O xurado destacou da obra premiada o intenso e importante traballo artístico que supuxo a creación da obra e valora sinaladamente a técnica empregada así como o feito de que "as ilustracións maridan perfectamente co texto".
O premio "Pura e Dora Vázquez" de narración e ilustración infantil e xuvenil é un dos máis prestixiosos certames literario-artístico de Galicia, dirixido ao público infantil e xuvenil, que leva o nome das nomeadas escritoras e poetisas ourensás Pura e Dora Vázquez, que tanto traballaron ao longo da súa vida a prol da cultura e da educación dos máis novos.
Este premio ten como obxectivo fomentar a lectura no público máis novo e á vez recoñecer o traballo de autores literarios e artísticos, unindo na obra premiada estas dúas disciplinas creativas. O libro incluirá o texto gañador e as ilustracións escollidas polo xurado, e empregarase como elemento de difusión e divulgación en campañas de animación á lectura.
  Vía Fervenzas Literarias

10/4/14

Rutas literarias, cidades de literatura, lecturas no camiño



Desde Dante ata Hemingway ou García Márquez, moitos escritores teñen escrito sobre Santiago, teñen citado a cidade e o camiño que a ela conduce nos seus libros.
O Concello de Santiago de Compostela quere recoller e resaltar estas citas e para iso a céntrica Alameda compostelá acollerá un "paseo literario" entre a Porta dos Leóns e a Estatua de Rosalía.
A iniciativa Paseo da literatura consistirá na instalación, ao longo do paseo dos Leóns, de pedras gravadas coas citas máis relevantes. As dúas primeiras serán unha de Dante en Vita Nuova ("Pero en verdade se chaman peregrinos en canto van á casa de Galicia porque a sepultura de Santiago fíxose máis lonxe da súa patria que a de ningún outro apóstolo") e unha de Rosalía sobre o Pórtico da Gloria ("¿Estarán vivos? / ¿Serán de pedra? / Aqueles sembrantes tan verdadeiros, /aquelas túnicas maravillosas, / aqueles ollos de vida cheos?"), ao pé da súa estatua. Serán polo tanto dous paseos, un no que se recollan as citas de autores galegos e noutro, do resto do mundo. 
Pero a integración da literatura non só se cinguirá á Alameda, senón que sairá a outras partes emblemáticas da cidade. Deste xeito colocarase un busto de Valle-Inclán na praza de Galicia, lembrando a súa presenza en Compostela o seu último ano de vida e os seus faladoiros no vello Derby. E non podería faltar a cita atribuída a Goethe "Europa fíxose peregrinando a Compostela", que se localizará na Porta do Camiño, onde xa se atopa unha placa coa declaración do Camiño como Patrimonio da Humanidade, e que poderá lerse en seis idiomas.
Esta actuación complétase co libro Compostela, mil anos de literatura, que recolle todas as citas e textos dos grandes autores da literatura universal sobre a cidade de Compostela e o Camiño. 
(Información do concello)

8/4/14

Premios a editoras galegas





Montañas na cama de Maricuela, publicado por OQO; Bululú de Beatriz Giménez de Ory e El idioma secreto de María José Ferrada, publicados por Factoría K, foron premiados co galardón da Fundación Cuatrogatos para a infanica e a xuventude latinoamericana.
Na propia comunicación, dise que a finalidade do premio é "contribuír a destacar os valores das obras premiadas, para que cheguen, durante o 2014, ao maior número posible de fogares e escolas".
OQO e K representan o mellor da edición galega dirixida a determinados tramos de idade, especialmente na especificidade do álbum ilustrado. 
Libros de editor que ven a luz en Galicia apara o mundo. 

7/4/14

Premios Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia




O pasado fin de semana entregáronse os Premios Irmandade do Libro que cada ano convoca a Federación de Librarías de Galicia, na vila de Rianxo, un dos lugares máis emblemáticos de Galicia a ese nivel, pois foi casa natal de Manoel Antonio, Castelao e Rafael Dieste, así como de Paio Gómez Chariño, Brea Segade e varios máis.
Os premiados foron a poeta Chus Pato na modalidade de autora; O CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal) na modalidade de Centro de Ensino, a tradución do Ulises de James Joyce (publicado por GALAXIA) na modalidade do Libro do Ano 2013, a colección ‘Cociña infantil e familiar’ da editorial Ouvirmose na modalidade de Obra Editorial, a Biblioteca Municipal Valle-Inclán (Redondela) na modalidade de Fomento da Lectura, a libraría Ramón Cabanillas de Cambados na modalidade de libraría, e na nova modalidade do galardón incorporada este ano, a de Libro Infantil e Xuvenil do Ano 2013, foi para a triloxía Ámote Leo, de Rosa Aneiros, publicada por Edicións Xerais de Galicia.

3/4/14

Libros de divulgación matemática en soporte dixital.



Adrián Paenza é un xornalista e doctor en ciencias matemáticas. O seu empeño na divulgación desta materia a través de historias, xogos, exercicios e curiosidades dou lugar a oito libros, aos que podemos acceder gratuitamente na páxina da Biblioteca Digital FCEN-UVA. Recollemos os títulos e as referencias á súa publicación en papel:
Matemática... ¿estás ahí? Sobre números, personajes, problemas y curiosidades.   Buenos Aires : Siglo XXI Editores Argentina (2005)
 Matemática… ¿estás ahí? Episodio 2.   Buenos Aires : Siglo XXI Editores Argentina (2006)
Matemática… ¿estás ahí? Episodio 3,14.   Buenos Aires : Siglo XXI Editores Argentina (2007)
Matemática… ¿estás ahí? Episodio 100.   Buenos Aires : Siglo XXI Editores Argentina (2008)
¿Cómo, esto también es matemática?. Buenos Aires: Sudamericana (2011 
 Matemagia.   Buenos Aires: Sudamericana (2012 
Matemática para todos. Buenos Aires: Sudamericana (2012

2/4/14

Poesía e xénero. Lecturas para estes tempos.


Xa falamos do poemario de Carlos Negro, Penúltimas tendencias. Pero traémolo, de novo, á actualidade da man da entrevista que lle realizou Montse Dopico no Magazine Cultural Galego.
A lectura do libro e da entrevista poden darnos pé a unha reflexión acerca da abordaxe de xénero que realiza o autor tanto nesta obra como en Makinaria. Incluso, poderiamos acudir ás novas poetas (María Reimóndez, María Lado, Yolanda Castaño, Lupe Gómez, Begoña Caamaño, Olga Novo, Antía Otero...) ás que se refire Carlos Negro, para observar a súa visión sobre esta temática. A este respecto, gustaríanos felicitar ao autor pola escolla das citas coas que comeza o libro.
Ao tempo, facemos unha chamada de atención sobre esta páxina da xornalista Montse Dopico, á que acudir de vez en cando para atopar outras novas.

1/4/14

Libros e narracións sobre cociña


Soledad Felloza resultou ser a ganadora do I Premio de Narración Oral "Cociña de contos", co relato " A cociñeira do rei".
Este premio está convocado por OQO Editora para o Estado español,Portugal e Polonia.
O relato debía enviarser en video e o premio consiste en 2.000 € e a edición do libro en galego, castelán, portugués e polaco.
Soledad Felloza é unha coñecida narradora oral nada en Uruguai, que leva anos percorrendo Galicia cos seus relatos e fotos.
OQO Editora conbta coa colaboración das editoriais O Bichiño de Conto en Portugal e Tako en Polonia, así como co concello de Pontevedra, no programa Cociña de Contos. Europa á carta, unha iniciativa enmarcada no Programa Cultura 2007-2013 da UE.
Tamén se convocou un Premio de Ilustración no que resultou ganadora a obra deIratxe López de Munáin.