30/6/14
27/6/14
Hansel e Gretel con texto de Tina Meroto e ilustracións de Iratxe López de Munáin.
Da presentación editorial:
Era unha vez unha parella de labregos moi pobres, que tiñan dous fillos: un
neno, que se chamaba Hansel, e unha nena, que se chamaba Gretel. Unha terrible
seca arruinara as súas colleitas e, como non tiñan comida para pasar o inverno,
decidiron abandonar os nenos no bosque.
E así foi... abandonados polos seus pais, Hansel e Gretel pérdense no bosque e atopan unha casa co tellado de chocolate, paredes de mazapán e fiestras de caramelo. Mentres gozan dos marabillosos manxares, unha malvada bruxa espreita e os arrastra cara o interior da casa...
En varias versións deste conto, un dos máis coñecidos dos irmáns Grimm, a situación inicial está composta por dous elementos: a pobreza da familia e a crueldade da madrastra, o primeiro elemento servindo de pretexto ao segundo. Na súa primeira versión de 1812, os irmáns Grimm falaban de nai, pero, en versións posteriores como a de 1819, introduciron o personaxe da madrastra, á que non lle unían lazos de sangue cos fillos do seu marido. Esta adaptación está baseada na primeira versión do conto e aporta elementos orixinais, diferenciándose doutras interpretacións. A verdadeira causa do abandono, neste caso, é a extrema pobreza dos pais. Tanto o texto como a imaxe buscan comunicar a unión da familia que se ve obrigada á separación por motivos económicos, por iso os nenos non gardan rancor aos seus proxenitores e, ao seu retorno, todo volve á normalidade e comparten os tesouros non só cos seus pais senón con todos os habitantes da rexión.
Iratxe López de Munáin é a ganadora do Premio Europeo "Cociña de contos" á mellor proposta de ilustración para o álbum ilustrado Hansel e Gretel, no marco do proxecto europeo, "Europa á carta". Este libro é o resultado deste premio, que tamén vai acompañado dun CD de música gravado pola Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra, que recolle unha selección instrumental de distintos fragmentos da ópera Hansel e Gretel. Esta ópera foi composta en 1891 e 1892 por Engelbert Humperdinck, con libreto da súa irmá Adelheide Wette, baseada no conto dos irmáns Grimm.
E así foi... abandonados polos seus pais, Hansel e Gretel pérdense no bosque e atopan unha casa co tellado de chocolate, paredes de mazapán e fiestras de caramelo. Mentres gozan dos marabillosos manxares, unha malvada bruxa espreita e os arrastra cara o interior da casa...
En varias versións deste conto, un dos máis coñecidos dos irmáns Grimm, a situación inicial está composta por dous elementos: a pobreza da familia e a crueldade da madrastra, o primeiro elemento servindo de pretexto ao segundo. Na súa primeira versión de 1812, os irmáns Grimm falaban de nai, pero, en versións posteriores como a de 1819, introduciron o personaxe da madrastra, á que non lle unían lazos de sangue cos fillos do seu marido. Esta adaptación está baseada na primeira versión do conto e aporta elementos orixinais, diferenciándose doutras interpretacións. A verdadeira causa do abandono, neste caso, é a extrema pobreza dos pais. Tanto o texto como a imaxe buscan comunicar a unión da familia que se ve obrigada á separación por motivos económicos, por iso os nenos non gardan rancor aos seus proxenitores e, ao seu retorno, todo volve á normalidade e comparten os tesouros non só cos seus pais senón con todos os habitantes da rexión.
Iratxe López de Munáin é a ganadora do Premio Europeo "Cociña de contos" á mellor proposta de ilustración para o álbum ilustrado Hansel e Gretel, no marco do proxecto europeo, "Europa á carta". Este libro é o resultado deste premio, que tamén vai acompañado dun CD de música gravado pola Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra, que recolle unha selección instrumental de distintos fragmentos da ópera Hansel e Gretel. Esta ópera foi composta en 1891 e 1892 por Engelbert Humperdinck, con libreto da súa irmá Adelheide Wette, baseada no conto dos irmáns Grimm.
Etiquetas:
álbum ilustrado,
Novas de libro,
Novas de literatura
26/6/14
Ana María Matute envolta en maxia
A autora de tantas e tantas novelas que crearon un bosque máxico.
Creadora de mundos onde os nenos, a incomunicación humana, o paraíso imposible e a maxia se facían presentes.
Ana María Matute acaba de deixar libre o sillón K da Real Academia Española, un sillón que antes ocupara Carmen Conde. Quizás esta letra teña certo misterio e exotismo, entre nós.
Con cantas horas de viaxe imaxinativo nos ten agasallado... e seguirá facéndoo coas novas xeracións.
Lembremos os seus libros destinados á infancia:
O máis premiado Sólo un pie descalzo (Premio nacional de Literatura Infantil)
La oveja negra
Cuentos de infancia (escritos entre os 5 e os 14 anos)
Etiquetas:
Novas de libro,
Novas de literatura
25/6/14
Libros que nacen a partir doutros: "Moito conto"
Recóllese da presentación editorial desta obra traducida por Marisa Núñez e publicada por OQO...
Mediante a técnica narrativa do relato enmarcado, que consiste na inclusión
dunha ou varias historias dentro da narración principal, Moito conto é unha
especie de contedor que dá cabida a unha chea de personaxes que aparecen e
desaparecen recreando, ao seu paso, novas aventuras. Como ben apunta o autor, o
escritor Enrique Páez, trátase de "un libro tesouro, un libro almacén, un libro
índice de contos e de soños. Pode dar lugar a xogos creativos de interrelación
dos personaxes, millóns de universos posibles no mundo dos contos".
Atraída polo dobre
sentido do título, a ilustradora francesa, Marjorie Pourchet, mergúllanos, nesta
terceira colaboración con OQO, nun mundo de ficción onde os personaxes se
converten en actores capaces de representar diferentes papeis. A estrutura do
relato permítelle traballar os códigos do xénero e a procura de ambientación;
así, para ela, "a habitación da Bela é o decorado dunha escena na que os
personaxes interpretan as súas historias, o libro de contos é o teatro". O marco
que aparece na primeira ilustración, inspirado en libros ilustrados antigos,
sérvelle para definir os espazos narrativos: "é a porta de entrada dun espazo a
outro: do interior do libro ao exterior, do espazo do texto ao da imaxe. É o fío
que conduce ao desenlace da historia, á estrutura abismada do final", comenta a
ilustradora. Tintas en tons pastel, contrastados con vermellos e negros e certos
toques de gravado conforman a técnica utilizada para esta creación. A
composición da portada é unha particular homenaxe ao ilustrador clásico Gustave Doré. Unha obra rica en detalles, na que texto e imaxe danse a man para cativar
o lector, ofrecéndolle a oportunidade de darlle renda solta á imaxinación e de
exercer como "disparador da memoria", segundo subliña o seu autor.
Etiquetas:
Novas de libro,
Novas de literatura
20/6/14
Novidades que son traducións
Os nenos de Bullerbyn de Astrid Lindgren, ilustrado por Ingrid Vang Nyman e traducido por Moisés Rodríguez Barcia, aparece publicado no selo Sushi Books
Así se recolle na presentación editorial:
"Lisa, Britta, Anna, Lasse, Bosse e Ole viven en Bullerbyn, unha aldea tan
pequena que non ten sitio para o aburrimento. Alí constrúen cabanas, van pescar,
dormen na palleira e fan carreiras na neve."
A autora, cun cento de libros publicados e traducida a máis de 80 idiomas, foi
avalada co Premio Hans Christian Andersen, o Premio Nacional de Literatura de
Suecia, a Medalla de ouro da Academia Sueca e o Premio Internacional do Libro da
Unesco. Trala súa morte, no 2002, instaurouse o Premio Memorial Astrid Lindgren
de literatura infantil e xuvenil, ao que foi nominado en varias ocasión o escritor galego Agustín Fernández Paz.
Etiquetas:
Literatura infantil,
Narrativa,
Novas de libro,
Novas de literatura,
Traducións
19/6/14
Novidades: libros que acaban de saír (ou non tanto)
Unha nova achega de Pepe Carreiro, na estela daquela Historia da lingua galega e Historia de Galicia que publicara anteriormente na desaparecida editorial A Nosa Terra. Das marchas nómades á Marcha Mundial das Mulleres, segundo o propio autor, esta parodia histórica apenas repara en mulleres
senlleiras, aínda que as houbo e algunhas saen aquí. Repara e aínda se recrea
nas mulleres comúns, aquelas que, sen seren protagonistas de episodios
radiantes, foron as que mantiveron isto ao longo dos séculos. Elas cargaron coa historia nos seus lombos, sen deixaren de
atender a familia e a casa. Se cadra por iso é polo que, até non hai moito, as
mulleres galega, e moitas outras mantiñan con tanto equilibrio un peso na
cabeza.
18/6/14
De Leo Lionni e Antonio Rubio
Números e Cores para achegar á rapazada de 0 a 3 anos ao ritmo e á rima por medio de versos sinxelos.
Iniciación a la poesía con libros de cartón, de puntas redondeadas e formato reducido.
Continúan a colección que comezara con Cando?, Onde?, Que é? e Quen é? O personaxe do rato creado por
Leo Lionni ao que acompaña Antonio Rubio coas poesías sinxelas: unha pequena
historia construída con textos rimados.
Ambos creadores teñen un importante número de obras,, por exemplo, de Leo
Lionni podemos citar en galego Pequeno Azul e Pequeno Amarelo,
Fréderick, A casa máis grande do mundo,
Nadarín e O soño de Matías.
Etiquetas:
Literatura infantil,
Poesía infantil
17/6/14
A USC e a Biblioteca Internacional da Diversidade Cultural
Así se nos conta:
O Centro Internacional da Diversidade Cultural é unha iniciativa que forma parte do programa CampUSCultura e conta cunhqa biblioteca con máis de cinco mil volumes dunhas sesenta culturas distintas.
Estará no Colexio de Fonseca como centro adscrito á biblioteca da USC.
O Centro tamén conta cun espazo expositivo, un centro de documentación especializado no libro infantil e xuvenil e unha sala para investigadores e presentacións literarias.
Unha biblioteca internacional campUSCulturae, un museo de carácter internacional sobre a ilustración, un centro da Interculturalidade, e outro máis sobre a creatividade. Estes son algunhas das iniciativas que fan parte de campUSCulturae, un proxecto académico a prol da diversidade cultural e das minorías lingüísticas. Un proxecto de cooperación no que participaron Portugal, Islandia, Polonia, Bulgaria e Alemaña, financiado con cargo ao proxecto Cultura 2007-2013 da Comisión Europea (cuns 2.273.857 euros).
Etiquetas:
Novas de libro,
Novas de literatura
16/6/14
Poesía para os seres máis pequenos
A colección "Do berce álúa" de Kalandraka xa contaba con
cinco títulos: Lúa, Cinco, Miau, Crocodilo e Paxariña de papel.
Agora, vese incrementada con tres máis. Todos eles parten do
pictograma poético ou poegrama, unha modalidade de poesía para prelectores.
Sempre xogando coas ilustracións moi sinxelas e recoñecibles de Óscar Villán, coa figura do neno
presente en cada un deles para facilitar a identificación do lector, coa a rima
e o ritmo, coas onomatopeas no caso de Violín
e coa nociónsde enriba, debaixo e no medio, no libro Piñeiro e con estupendas repeticións e rimas en Zapato. Cando o texto e a
imaxe se poñen ao servizo da poesía para os máis pequenos... xurde a maxia ¡o gran acerto!
Todos os títulos son da autoría de Antonio Rubio.
Libros para rapazada de 0 a
3 anos, de pequeño formato para que os dean collidos nas mans, de cartón duro e
sen arestas.
Tanto o autor como o ilustrador teñen varias publicacións nesta editora. De Antonio
Rubio lembramos, para prelectores e primeiros lectores A merliña, O
poliño da abeleira e Almanaque musical e de Óscar Villán A cebra Camila, Amora e Un becho estraño, para estas mesmas idades.
Etiquetas:
Literatura infantil,
Poesía infantil
13/6/14
Libros premiados na factoría Xerais, 2014
Os ganadores no paseo dos Buxos
A escritora Ledicia Costas conseguiu o Premio Merlín de literatura infantil co libro Escarlatina. A cociñeira difunta, Eduardo Santiago o premio Jules Verne de literatura xuvenil con O gran reino e María Reimóndez con Dende o conflito o premio Xerais de novela.
Foron finalistas do Merlín Animais con ánima, Último voo e Amencerá canda o sol. O xurado
recomendou á editoral a publicación do poemario presentado co lema Animais con ánima.
No Jules Verne resultaron finalistas Silencio e Genet. O xurado recomendou á editorial a publicación das obras
finalistas presentadas baixo os
lemas Silencio e Genet.
En canto aos Xerais, resultaron finalistas Sebastian Nell e A
mirada de Ismael. O xurado recomendou á editorial a
publicación da novela presentada baixo o lema Sebastian
Nell.
Etiquetas:
Novas de libro,
Novas de literatura,
Premios e recoñecementos
11/6/14
Premios Frei Martín Sarmiento
A Federación Española de Relixiosos do Ensino de Galicia-Centros
Católicos, Ferega-Ceca, promove o premio Frei Martín Sarmiento, que recoñece as obras
seleccionadas en cada categoría polo alumnado, e polos seus pais e nais
dos centros que forman parte da entidade.
Na décima edición, as obras
galardoadas en educación primaria foron A pomba dona paz, de Ramón Caride na categoría de 1º e 2º cursos; O monstro das profundidades de Manuel Uhía, na categoría de 3º e 4º; e A verdadeira historia da mosca da tele de María Solar, na categoría de 5º e 6º. En secundaria, os gañadores foron Xesús Fraga pola obra O elefante branco, na categoría de 1º e 2º da ESO; Fina Casalderrey e Francisco Castro pola obra O neno can, na categoría de 3º e 4º da ESO; e Pedro Feijoo por Os fillos do mar, na categoría de bacharelato e adultos.
Etiquetas:
Novas de literatura,
Premios e recoñecementos
10/6/14
Novidades de libro. Historia rimada
As redes de Inés de Elvira Riveiro, ilustrado por Fino Lorenzo na colección Merliño.
Unha
pequena historia rimada arredor de Inés, a atadora de redes que conta historias
de mar.
Ritmo e rima coordínanse coas colaxes que achegan vellas ou novas
fotos ao lado de recortes en calquera idioma e debuxos realizados sobre o fondo
ou os papeis de embalar, recortes de papeis de cores, de páxinas de libros,
xornais ou propaganda...
Da autora lembramos aquel outro libros de tanto interese, no que só se utilizaba unha vogal PaLaBrAs BrAnCaS, tamén ilustrado por Fino Lorenzo.
Etiquetas:
Literatura infantil
5/6/14
Libros que son novidade (1)
As noites de Xián de Concha Blanco ilustrado por Dani Padrón na
colección Merliño.
A historia dun neno que vive ao lado do mar e ha de marchar
coa familia a outro lugar, por mor do traballo dos adultos. Alí non hai mar e Xián bóta de
menos o seu rumor cada noite ata que nunha delas, a lúa se lle achega para que
desde un castelo (que trae no colo) unha princesa lle entregue unha caixa de
música na que se escoita o son do mar.
Saudade e fantasía retratadas coa maxia
dunhas ilustracións onde as casas se abalan no leito do mar e os meniños usan
as olas como sabas, onde as casas da outra localidade súbense ás árbores e onde
os meniños viaxan polo mundo coa súa cesta de xoguetes ao lombo.
Etiquetas:
Literatura infantil,
Narrativa
3/6/14
CLÁSICOS DE LITERATURA INFANTIL EN GALEGO
O autor e ilustrador Maurice Sendak é un deses clásicos da literatura universal, que están sendo publicados en galego cunha gran calidade.
A súa obra vai sendo editada por Kalandraka, que se empeña en ofrecernos uns produtos o máis semellante posible aos orixinais, para que os gocemos tal e como o propio autor as pensou. Este ano, 2014, foi declarado pola editora "ano Sendak de Kalandraka".
Na cociña da noite presentada como "un referente en todo o mundo", Onde viven os monstros presentada como "o perfecto álbum ilustrado" e posteriormente, a tradución de Outside over there.
Na cociña da noite presentada como "un referente en todo o mundo", Onde viven os monstros presentada como "o perfecto álbum ilustrado" e posteriormente, a tradución de Outside over there.
Etiquetas:
álbum ilustrado,
Clásicos
2/6/14
A terceira entrega dunha triloxía
Da editorial chega esta información a ter en conta; si, a ter en conta porque se trata dunha triloxía que o alumnado dos centros foi seguindo, porque se trata dunha autora moi lida polos clubs de lectura e porque parte deses clubs son os que estarán con ela nesa presentación, tal como vemos na nota. Si, unha boa presentación que ten en conta os lectores e lectoras... os verdadeiros seguidores da triloxía.
"O
xoves, 5 de xuño, ás 17:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de
Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación da triloxía Ámote Leo A. de Rosa Aneiros.
Rosa Aneiros manterá unha conversa coas persoas integrantes do Club de lectura “IES Caldas Letras” do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis.
Ámote Leo A. Terminal de…chegadas?, de Rosa Aneiros, é o terceiro volume da triloxía Ámote Leo A., o volume que pecha esta cativadora triloxía destinada ao público xuvenil."
Etiquetas:
Narrativa,
Series literarias
Suscribirse a:
Entradas (Atom)