Mostrando entradas con la etiqueta Literatura e blogues. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Literatura e blogues. Mostrar todas las entradas

22/4/15

Taboleiro do libro galego marzo 2015


Este taboleito que recollemos do Caderno da crítica, foi elaborado coa colaboración das librarías seguintes: Trama de Lugo, Lila de Lilith de Compostela, Libros para Soñar de Vigo, Suévia da Coruña, Andel de Vigo, Miranda de Bueu, Paz de Pontevedra, Pedreira de Compostela, Biblos de Betanzos, Casa do Libro de Vigo e Airas de Allariz.
XUVENIL
1º-. Jaureguizar (ilustracións de Matalobos), O veleno da risa, Xerais.
2º-. Fernando Cimadevila, O mundo secreto de Basilius Hoffman. A batalla por Avalon, Urco.
3º-.  Xesús Fraga, Reo, Galaxia.
4º-. Marcos Calveiro, As palabras poden matar, Xerais.
5º-. Francisco Castro, Tes ata as 10, Galaxia.
INFANTIL
1º-. María Solar (ilustracións de María Lires), O meu pesadelo favorito, Galaxia.
2º-. Ledicia Costas (ilustracións de Víctor Ribas), Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais.
3º-. Russell Ayto e Andy Cutbill (tradutoras:  Laura Sáez e Mónica Pazos),  A vaca que puxo un ovo, Patasdepeixe.
4º-. Francesc Grimalt,  Sanatoria. Historia dos nenos raros, Baía Edicións.
LIBROS CD-DVD
1º-. Paulo Nogueira e Magoia Bodega (ilustracións de Mariona Cabassa), Non hai berce coma o colo, Kalandraka.
2º-. Paco Nogueiras e David Pintor,  Brinca vai!,  Kalandraka.
3º-. Uxía, Xiqui Xoque, fiú fiú!,  Galaxia.
4º-. Magín Blanco, Gatuxo, Fol Música.
BANDA DESEÑADA
1º-. Luís Davila, O bichero IV, Edición do autor.
2º-. Jacobo Fernández Serrano, Marcopola e a illa remeira 3. Dragoneta!, Xerais.
3º-. Miguel Anxo Prado, Mar interior, El Patito Editorial.

20/9/13

WEB DE TRILOXÍA FANTÁSTICA


Despois da presentación da primeira entrega, Bágoa de Lúa, Galaxia abre unha web dedicada á triloxía fantástica, As crónicas de Landereina, escrita por Sabela González.
Así fala Ledicia Costas:  
"Bágoa de Lúa é unha novela de amazonas afoutas, de centauros de tradición milenaria, de elfos de cabelos rubios imposibles. Pero tamén é unha novela de kaihunns, un potente exército de criaturas de corpos chepudos e retortos, coa pel gris chea de verrugas moradas, que sementan o pánico e o caos, destruíndo a paz de Gabaia, o pobo das amazonas, por algún misterioso motivo que o lector irá descubrindo a medida que avance na historia.
A min, persoalmente, encantoume que existise unha comunidade de amazonas, todas mulleres guerreiras, adestradas na arte da loita con espada, e o tiro con arco e que sosteñen o peso e a tradición da Tríade. Encántame tamén que a fundadora de Sunnaüp sexa unha muller e encántame que os personaxes principais sexan dúas amazonas, Berenguela e Güenaela -filla da druída de Gabaia-, que irán forxando a medida que avanza a historia unha interesante amizade. Porque é un xeito de outorgarlle á muller ese lugar que merece neste xénero que é a fantasía. (...) A autora atreveuse a afondar no xénero fantástico desde unha perspectiva universal, pero coidando, agarimando e tratando con mimo a linguaxe literaria, e iso, para as persoas que somos ávidas lectoras, é algo de agradecer.

5/7/13

Librarías que viaxan e bibliotecas que fomentan a lectura


Coméntao unha libraría na súa páxina.
O CPI Cernadas de Castro de Lousame, recibe a visita e aproveitaa.
Marina Seoane le un dos seus libros.
Cada alumno/a do Club presenta aos compañeiros a súa lectura preferida. Tamén terá que seleccionar un entre os da exposición convencendo aos demais da súa valía.
Unha boa combinación: club de lectura, biblioteca escolar, libraría, escritora... 

18/4/11

Blogues de libros que se comunican cos autores



Un par de blogues de bibliotecas escolares informan de comentarios que os propios autores realizan directamente nesas entradas. Un deles provén do CEIP Milladoiro de Malpica e contánolo así: "Hai uns días publicamos unha reseña de Tres han de ser no blog que temos adicado ás novidades literarias. Tentabamos, coma decote, facer unha pequena análise literario-pedagóxica do libro. Para a nosa sorpresa, o autor entrou a facer un par de comentarios no que acabou por convertirse nunha animada reflexión literaria." Este é o enlace á entrada que realizan recollendo as observacións de Darabuc:


Outro caso é o do CEIP de Andrade: "A autora do libro que dende a Biblioteca propuxemos para centrar a celebración do Día do amigo (14 de febreiro), Un soño na bandexa, tamén se puxo en contacto con nós e enviounos uns correos.

Deixovos o enlace:


E conclúen "Os blogs de biblioteca dan os seus froitos e fannos visibles tamén para os autores e autoras"