Mostrando entradas con la etiqueta Libros con arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Libros con arte. Mostrar todas las entradas

11/9/20

Novidades para o inicio do curso: cómic e exploración artística

Desde a editorial Bululú chegan novidades para empezar o curso con creatividade.


Chega a segunda parte de Unha mestra en apuros con texto de Pilar Serrano Burgos
e ilustración de Jorge Campos "Ilustratecto". A nosa mestra de infantil lembra as situacións que vive día a día cun alumnado capaz de crear situacións imposibles. Un convite para que os adultos valoren o traballo do noso profesorado e para que o alumnado véxase reflectido no seu día a día. Un cómic cargado de humor e surrealismo.



Alén. A arte de explorar  é un álbum ilustrado de Liébana Goñi que invita a mergullarse nas súas páxinas e explorar as referencias á creación artística e os seus protagonistas que nelas se agochan. Un recurso para ampliar os fondos dos espazos creativos das nosas bibliotecas.



20/9/19

Bechopoemas e outras bestas

    
Bechopoemas e outras bestas é un fantástico bestiario e un bestiario fantástico.

Leire Bilbao agasalla aos lectores e lectoras máis pequenos con poemas inmediatos e potentes, de gran valor metafórico e imaxinativo. Versos nos que os animais voan, nadan, reptan e ruxen.

Maite Mutuberria pon imaxe, coas súas ilustracións, a estes animais con letras, recortes, manchas, pegadas ... ofrecéndonos a oportunidade de traballar co noso alumnado a creatividade a partir da palabra, de aprender xuntos a mirar e ver o que unha ilustración pode ofrecer máis aló de apoiar un texto.

Para non perder, a tradución de Isaac Xubín que traslada o eúscaro ás nosas singularidades.