Os Bolechas fan unha banda é un libro disco, o primeiro de Os Bolechas. A editora Bolanda pon en marcha este proxecto, da man de Pepe Carreiro e a participación de de dez grupos galegos. Cada un deles achega un tema orixinal e, paso a paso, vanse tocando diferentes estilos con Pandeiromus, O Sonoro Maxín, Novedades Carminha, Ataque Escampe, Sés, Transilvanians, The Homens, Eladio y los Seres Queridos, Álex Casanova e
AID.
Bolanda, que se fixo cargo deste proxecto, desaparecida a A Nosa Terra (primeira editora da serie) tamén levou a esta popular familia de bonecos á TVG.
Recollemos a noticia de Fervenzas Literarias, onde pode lerse o artigo completo.
"O
poeta e creador cinematográfico Xosé Antón Cascudo fai un adianto con parte de O
instante eterno, o documental no que ven traballando dende o ano 2011 sobre
a figura de Xosé María Díaz Castro, o poeta de Guitiriz ao que a Real Academia
Galega homenaxeará o vindeiro ano e autor do poemario
Nimbos.
Na primeira fase da produción realizouse
unha rolda de entrevistas nas que participaron Alfonso Blanco, presidente da
Asociación Xermolos e un dos principais impulsores deste proxecto; o poeta e
expresidente da RAG Méndez Ferrín; Félix Villares, docente no Seminario de
Mondoñedo e estudoso da Escola Poética da Terra Chá... Un valor engadido é a colaboración
da poeta Xiana Arias que puxo voz a varios dos poemas do
autor.
En canto ás localizacións do filme
inclúense os lugares emblemáticos do poeta: Mondoñedo –cuxo seminario era naquel
tempo o berce poético da comarca chairega–, Betanzos –vila na que Díaz Castro
gañou o certame dos Xogos Florais en 1946–, Vilagarcía de Arousa –onde exerceu
de docente no Colexio León XIII trala Guerra Civil– e Madrid –lugar de
residencia do poeta durante gran parte da súa vida, quizais o feito que o
arredaría dos círculos culturais, e que explica o seu esquecemento–. Mención
especial merece a contorna da aldea natal do Vilariño, a carón da Serra de
Montouto, límite natural entre as provincias de Lugo e A Coruña, espazo no que
se afunden as raíces literarias do autor e que iluminan dúas das súas claves
poéticas: a paisaxe e a lingua.
O autor do filme ten a intención é estrealo durante a
semana do centenario do nacemento de Díaz Castro, no mes de febreiro do
2014."