O 2
de abril celebramos o Día Internacional da Literatura Infantil e
Xuvenil pero tamén conmemoramos o Día
Mundial da Concienciación sobre o Autismo (#DiaMundialAutismo).
Das
nosas lecturas para conformarmos unha biblioteca máis inclusiva
queremos recomendar o álbum TEA
de Alejandra González e
publicado pola editorial Pintacoda.
TEA
presenta unha dobre mirada sobre o Trastorno do Espectro Autista, a
nosa e a das persoas autistas,
por iso nos fornece de dous pares de lentes para entendermos e
empatizarmos, tan
necesitados estes
días, con este
colectivo. Poderemos
entender por que son
hipersensibles
a
diferentes estímulos auditivos, visuais,
táctiles, por
que
senten
ansiedade
en espazos
ruidosos
ou por
que
teñen
dificultades
para comprender as
nosas bromas ou a linguaxe figurada. Nas
últimas páxinas
do
libro encontramos unha
guía
didáctica que explica as principais
alteracións
que presenta
unha persoa con TEA.
Recentemente Kalandraka publicou na súa colección Makakiños A verdadeira historia de carapuchiña vermella, texto de Bata, a partir da versión de A. R. Almodóvar e con ilustracións de Marc Taeger . Na presentación editorial dinnos que “esta versión de Carapuchiña xa é accesible con pictogramas para que a frescura e a sabedoría dos contos da avoa chegue con toda a súa esencia ás persoas con necesidades de apoio educativo”.
Estes recursos son imprescindibles nas nosas bibliotecas escolares porque son ferramentas para entendermos a escola: plural, diversa e accesible.

No hay comentarios:
Publicar un comentario