Xerais publica Para onde imos cando desaparecemos? álbum de Isabel Minhós Martíns, con ilustracións de Madalena Matoso.
A tradución do portugués é de Anaír Rodríguez.
Como non somos quen de responder a esta pregunta, o que fai o libro é fornecernos de posibles respostas, observando o que acontece ao noso redor: o sol, as nubes, as follas..., atopándoas na imaxinación.
Este álbum vén acrecentar o listado de libros que falan da ausencia, da desaparición e da morte aos máis pequenos, que vén de ser actualizado.
Congratulámonos tamén de contar en Galicia con textos da literatura portuguesa.