29/7/15
A serie Osiño
20/5/15
Dragal IV. A estirpe do dragón. A fantasía en serie
28/4/15
Pequeno tigre e oso pequeno. Unha serie para os máis pequenos
E quedou alí tombado no chan, no medio do prado.
Deseguida chegou correndo oso pequeno e preguntoulle:
–Que che pasa, tigre pequeno? Estás enfermo?
Imos buscar un tesouro.
Correo para tigre
26/3/15
De serie
"Os planos do século III que se usaron para construír a muralla de Lugo aparecen
nunha escavación arqueolóxica. O misterioso Home da Máscara consegue facerse con
eses documentos e Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido de Galicia, terá
que recuperalos e desenmascarar o malvado. O delincuente está disposto a
negociar: a cambio dos planos quere unha xoia castrexa, O carneiro alado, que
Tintimán deberá roubar no Museo Provincial". Outra novela con continuidade é a de Xenaro (con x de Xan de Xiao e de Xaime), neste caso a entrega leva o título de Xenaro e a negra sombra. Mar Guerra continúa debullando historias arredor dos personaxes xa coñecidos, e acompáñase das ilustracións de Fernando Llorente Sagaseta. Outros títulos: Xenaro e o misterio da mochila verde e Xenaro e a hucha do indiano...
21/7/14
Libros que son continuación de outros. Libros de autoras moi premiadas
María Reimóndez anda a demostrar o seu bo momento creativo. Despois do Premio Xerais, acaba de acadar o premio de novela por entregas de La Voz de Galicia.
Pero non é da autora da que queremos falar, senón do seu libro Volvo! O regreso de Usha que é a continuación de Usha, onde se nos relata a historia dunha nena que vive lonxe do seu país e nunha situación ben especial. Desde a nena protagonista, enfróntanse asuntos que preocupan nesas idades como a amizade, a aparición dos cambios do corpo na adolescencia, a atracción física ou o entendemento da sexualidade e a reprodución, e todo isto desde outras realidades que ensinan a estar no mundo atendendo á diversidade. Volve Usha e recibímola con alegría.
Como todas as historias de María Reimóndez, esta tamén está ilustrada por Iván Sende, achegándolle esa identidade que fala do bo entendemento destes creadores.
17/7/14
Libros para a infancia
11/7/14
Libros en serie
Conan o Bárbaro é un personaxe que naceu nos relatos e novelas de Robert E.
Howard, que con Conan (creado no ano 1932), e o seu precedente, o atlante rey
Kull de Valusia, estableceu a base para as historias de fantasía, o chamado xénero de
espada e bruxería.2/6/14
A terceira entrega dunha triloxía
26/11/13
Libro - Música para unha serie de éxito
11/10/13
Nova entrega da serie
14/10/11
UNHA SERIE co seu trailer
Planeta Mincha, de Manel Cráneo.
Esta serie destinada aos primeiros lectores publicada dentro da colección Ler é vivir de Everest Galicia.
Recollemos da nota de prensa:
Trata das mil inquedanzas do protagonista, un científico orixinario das pradarías de Vërdia, unha das rexións do Planeta Mincha. O seu lugar de nacemento na pequena aldea de Hirflä chamada Virdüña, xunto cos seus costumes constitúen os aspectos máis atractivos dunha das primeiras entregas que baixo o título Diario de Pichük dá a coñecer Quen é Pichük? O seu autor, Manel Cráneo, recrea un mundo imaxinario con habitantes aos que lles gusta reflexionar e facer as cousas con calma, por iso entre outros detalles, tardan un ano en poñerlle nome aos seus fillos.
O autor (do texto e as imaxes) é o debuxante e ilustrador Miguel Cráneo (A Coruña, 19973), alguén que vén amosando unha ampla actividade desde mediados dos anos noventa, cando promoveu numerosos fanzines. Así mesmo, Cráneo participou nas dúas etapas da revista Golfiño —realizando a serie A fraga Milmañas con guións de Carlos Amil— asemade que traballos seus viron a luz en cabeceiras colectivas como BD Banda, Barsowia ou Subterfuge. Ex presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), liderou a súa práctica refundación en 2003. Nesa xeira foi tamén o principal promotor, con Kike Benlloch, do Colectivo Chapapote, resposta ao desastre do Prestige coa participación de ducias de ilustradores. Ademais dunha longa experiencia en cartelismo e publicidade, Cráneo é o responsable do storyboard de diversos filmes e curtametraxes.
13/4/11
Libros de serie

Escrita por Manuel Guisande e ilustradas por Xosé Tomás.
A historia dunha pega marza que vive nunha árbore e ao tempo que medra vai atopándose con outros animais coma o colibrí, a aguia, o oso, os vagalumes, o bufo, os lobos, os gatos bravos, o coello,.. a descuberta dunha cría.
20/1/11
DE SERIE
29/7/10
PODEROSA 2 (Segunda parte)
Poderosa 2. A continuación de “Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man” O poder da escritura. A capacidade para cambiar o devalar do tempo só con escribilo. Así nolo conta o escritor brasileiro Sergio Klein e así o presenta Xerais na súa colección Fóra de Xogo “Todo o que escribe coa man esquerda convértese en realidade, e isto fai que Joana Dalva sexa unha persoa, moi especial. Como debe usar ese poder para sandar a súa avoa?, como axudar a unha amiga a curarse da anorexia?, ou, como escapar dun secuestro? Estes son algúns dos desafíos que «a rapaza que ten o mundo na man» relata no seu diario. Neste segundo título da serie, Sérgio Klein adéntrase no complexo mundo da adolescencia e embárcanos na aventura de descubrilo. Poderosa 2 constitúe a segunda entrega a serie Poderosa, iniciada o pasado ano con grande éxito dentro da colección Fóra de Xogo. Un diario, coma o primeiro, protagonizado por unha rapaza que tiña o mundo na man. Unha novela para todos os lectores e lectoras que cren no poder transformador das palabras.” Un pequeño adianto 28/7/10
SEGUNDAS ... PARTES

Pouco a pouco van aparecendo as segundas partes de novelas que deixaron bo recordo. Unha delas é O brindo de ouro II. A táboa da hospitalidade, que resulta máis doada de lectura que a primeira e que, ademais neste ano de Novoneyra, nos trae de novo a toponimia, o léxico e o mundo do poeta: “Courel dos altos cumes que ollan de lonxe Eiquí sábese ben o pouco que é un home!” Unha saga propia e situada na serra que nos identifica. A primeira entrega, A Chamada do Brindo, acadara o premio Merlín de literatura infantil e xuvenil 2004. O seu autor, Xesús Manuel Marcos, mantén un blogue co nome de Abellonenia, un dos escenarios da novela.
22/12/09
LIBROS CON SEGUNDA PARTE
2/5/08
DAS NOVAS COUSAS DE RAMÓN LAMOTE


















