29/5/14

Libro disco de Xoán Curiel, Charo Pita e Iván R.

Estamos no verán!, así se chama o novo libro disco que publica galaxia na súa colección Sonárbore. A música e as letras de Xoán Curiel, o texto de Charo Pita e as ilustracións de Iván R.
Todo xira arredor dun grupo de amigos que queren montar un grupo musical. Unha historia que vai medrando a base de diarios.
Estilos como o funk, o rock ou a bossa nova atópanse nun álbum que busca o seu público en ouvintes de entre oito e doce anos.  

27/5/14

Díaz Castro e a TVG

   
A Consellaría de Cultura e mais Televisión de Galicia presentaron a súa aposta audiovisual conxunta con ocasión do día das letras galegas. Nimbos e Esmeralda son os dous poemas que dan pé a cadansúa peza audiovisual animada. Mentres Esmeralda está representado con figuras animadas, en Nimbos apóstase por sombras e papeis recortados para representar os versos.

23/5/14

Libro disco para saber máis de instrumentos musicais

Os instrumentos musicais preséntanselles aos maís novos da man de Olga Brañas e con colaboradores como Sérgio Tannus, Uxía, Quim Farinha ou Anxo Pintos .
A través da historia da neta dunha directora de orquestra que se achega a coñecer as familias de instrumentos. 
Pitusa Semifusa é o novo libro-disco que acaba de publicar Galaxia na colección Sonárbore para o público infantil. Dez temas de ritmos variados e con multitude de instrumentos, fan parte deste novo proxecto que ilustra Leandro Lamas.

22/5/14

Tradución ao xaponés de "Memorias dun neno labrego"


Memorias de un niño campesino
Col. La Vela Latina, 17. Ed. Júcar. Madrid, 1974
109 p. - 12x20 cm / ISBN: 84-334-0105-X

Memorias de un niño campesino
Col. Biblioteca Júcar, 64. Ed. Júcar. Madrid, 1980
109 p. - 18 cm / ISBN: 84-334-1064-4

Memorias de un niño campesino
Col. Contemporáneo. Ed. Arte y Literatura. La Habana, 1977
125 p. - 19 cm

Memorias de un niño campesino
Il. Xosé Cobas
Kalandraka Editora. Pontevedra, 2009
128 p. - 24x16 cm / ISBN: 978-84-8464-725-6

Memòries d´un nen de pagès
Il. Alfonso Costa - Trad. Marc Ferrer i Cuixart
Col. Lectures Moby Dick, 18. Eds. Granica. Barcelona, 1985
128 p. - 12x19 cm / ISBN: 84-7577-093-2

Mutiko baserritar baten oroitzapenak
Trad. Andres Urrutia Badiola
Col. Galburua, 5. Ed. Instituto Labayru Ikastegia/Bilbao Bizkaia Kutxa. Bilbao, 1988
120 p. - 17x11 cm / ISBN: 84-86833-02-7

Memories d´un nenu llabriegu
Trad. Xandru Fernández
Col. Incla interior, 20. Ed. Trabe. Uviéu, 1996
93 p. - 20x13 cm / ISBN: 84-8053-058-8

Memórias de um pequeno camponês
Trad. Jose Viale Moutinho
Ed. Forja. Lisboa, 1997
148 p. - 20 cm / ISBN: 84-8053-058-8

Tagebuch einer Kindheit in Galicien
Il. Lothar Reher - Trad. Gudrun Hohl
Col. Bücherei, 51. Ed. Gustav Kiepenheuer. Leipzig / Weimar, 1984
118 p. - 19,5x12 cm

Memoirs of a peasant boy
Trad. Camilo Ogando Vázquez
Col. Espacio abierto, 115. Trafford Publishing. Canadá, 2004
118 p. - 23x13 cm / ISBN: 1412028922
Estas son algunhas das traducións de Memorias dun neno labrego recollidas na Biblioteca de Literatura Infantil e Xuvenil (BLIX).
Agora, estase preparando a versión en xaponés, tal como se nos conta na prensa.

21/5/14

Lectura de Penélope de Díaz Castro na voz do autor. Música de Fuxan os ventos


Unha presentación ben interesante coa lectura e canción de Penélope, o poema máis coñecido de Xosé Mª Díaz Castro, o poeta ao que se dedican as Letras Galegas deste ano. Para esta  ocasión, Fuxan os ventos,  contou coas colaboracións de Xosé Lois Romero no acordeón, Alejandro Masafret "Masa" no baixo e Roi Adrio na percusión. O vídeo foi dirixido e realizado por Melania Freire Vázquez e Hadrián Gómez Vázquez

20/5/14

"Booktrailers" e "teasers" ao servizo da literatura



Recoñecemos o esforzo de Edicións Xerais de Galicia por publicitar libros para lectores e lectoras novas por medio da linguaxe audiovisual. 
Podemos ver unha mostra a través dos realizados para A illa de todas as illas de Xabier P. Docampo, Un niño no xardín de Xoán Neira, a triloxía Dragall de Elena Gallego, O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro ou Vento e chuvia de Manuel Gago.

19/5/14

Kalandraka e Paco Nogueiras ¡que boa parella!


Pois si, non podemos negar a debilidade ante un Paco Nogueiras que lle dou unha alegría á nosa música para pequenos, introducindo temas moi pero que moi serios. ¡Como non ía a ganarnos! Colgaba os seus traballos en internet e nin siquera se ofrecía para dar concertos bailados (que era o seu), simplemente poñía o seu granciño de area no monte para que todo o mundo puidera apoiarse nel. Se algún día nos tropezamos de fronte con el... haberá que darlle as grazas. Agora, semella que Kalandraka descobre este fenómeno e publica un libro disco, ilustrado por David Pintor ¡ben merecido o tiña! Nós, coma sempre a gozalo, agora con máis ganas. Parabéns para tod@s nós porque o que de aí saia non ha ser inútil. Brinca Vai.
Da presentación editorial recollemos:
"Paco Nogueiras é o compositor e intérprete de todos os temas, nos que aborda temas incluídos no currículo escolar: a natureza, os xogos tradicionais, a importancia dos libros e da lingua galega, ou celebracións como o Entroido, o Nadal, o Magosto e o Samaín. Destaca tamén polo amplo abano de estilos musicais contemporáneos, dende o rock ao reggae, pasando polo techno e a música electrónica, con influencias tradicionais.
Trátase dunha proposta lúdica e transgresora, que transmite bo humor, e que se complementa con imaxes cheas de colorido, expresividade e dinamismo. “Brinca Vai!” reúne lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión"

15/5/14

A editora Kalandraka recoñecida, de novo, polo Banco do Libro


O Banco do Libro de Venezuela incluíu cinco libros publicados pola editora galega Kalandraka dentro da súa selección de títulos descatados de literatura intantil e xuvenil a nivel mundial
O poemario El idioma secreto, de María José Ferrada entrou na categoría de libros infantís canda ao álbum animado Nueva York en pijamarama, de Michael Leblond e Frédérique Bertrand. No capítulo de libros xuvenís obtivo unha mención Bandada, de David Álvarez e Julia Díaz, mentres que ¡Muchas gracias!, de Isabel Minhós e Bernardo Carvalho, e Palabras, de Jesús Marchamalo e MO Gutiérrez Serna, foron seleccionados na sección "Los imprescindibles".
Parabéns á factoría Kalandraka e á edición galega.

14/5/14

Paco Nogueiras con Díaz Castro

Algo nos estaba a faltar...
E aí chega, Paco Nogueiras, de novo.
Trae a Díaz Castro. 
Acabaremos cantándoo con el!

13/5/14

Novo disco con poemas de Díaz Castro

O dúo 2naFronteira, formado por Carmen Penim e Maurizio Polsinelli, presenta Zapatiños para Díaz Castro, un CD no que musica catorce poemas de Nimbos.
Harmonios, pianos e a voz de Carmen Penim dánlle vida a estes poemas.
Se ben comezaran con "Penélope", a poesía máis coñecida do poeta, alectura dos poemas de Nimbos foron atrapándoos ata completar o disco que se gravou ao vivo no estudio Casa de Tolos e ve a luz da man de Inquedanzas Sonoras. O vindeiro 8 de maio terá lugar no Museo Interactivo da Historia en Lugo o primeiro dos concertos de presentación do traballo.

12/5/14

Premio Losada Diéguez

O Premio Antón Losada Diéguez, que convocan anualmente os concellos de Boborás e do Carballiño, deu a coñecer os gañadores da XXIX edición destes galardóns. 
O poemario Caderno do Nilo de Cesáreo Sánchez Iglesias acadou o premio de creación literaria, dotado con 6.000 euros. 
Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais de Antón Cortizas foi recoñecida co galardón na categoría de Ensaio e Investigación, coa mesma dotación. 
Os premios entregaranse o vindeiro 14 de xuño no Pazo de Moldes, en Boborás. 


9/5/14

Novo recoñecemento para Agustín Fernández Paz

Así se nos conta na páxina do Consello da Cultura Galega:
A xunta de goberno da Fundación Otero Pedrayo acordou outorgarlle o seu Premio Trasalba deste ano ao escritor Agustín Fernández Paz. A entidade recoñece así na edición número 32 dos seus galardóns o traballo do autor "no eido da literatura dirixida aos lectores máis novos" así como "o seu compromiso coa lingua e os movementos de renovación pedagóxica que empezaron a desenvolverse a partir dos anos 80". Fernández Paz recibirá o galardón na casa museo de Ramón Otero Pedrayo o vindeiro 29 de xuño, nun acto no que tamén se presentará un libro homenaxe sobre a súa vida e obra realizado para a ocasión.

8/5/14

Premios da AELG 2014. A Gala das Letras

     
  • No transcurso da gala das Letras, a AELG tamén entrega a distinción “Bos e Xenerosos”, coa que a  Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega quere recoñecer o esforzo e o compromiso da xente do espectáculo para manter vivos os nosos escenarios nun momento en que os recortes afectan de maneira especial ás programacións culturais. Desta maneira, a AELG premiará representantes de todas os ámbitos da escena galega:

7/5/14

Premios da AELG a Institucións Culturais, a Mestras/es da Memoria e a Escritor Galego Universal


Premio AELG 2014 "Institucións Culturais"
Premio "Mestras-es da Memoria 2014
A segunda edición do premio Mestres e Mestras da Memoria, que se concede nesta ocasión a Elba Requeijo e Xavier Blanco, por toda unha  vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional

Escritor Galego Universal 2014

O escritor Bernardo Atxaga será o Escritor Galego Universal, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana. O autor vasco ofrecerá o día 2 de maio, en Pontevedra, unha conferencia con título “Reaccións ante unha pedra raiada”, e ao día seguinte recollerá o premio na Gala das Letras. Con este nomeamento Atxaga súmase á listaxe conformada por Mahmoud Darwish, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro e mais Lídia Jorge.

6/5/14

Premios AELG 2014 - Gala das Letras. Finalistas nas modalidades de Poesía e Teatro

Porque estar nominado é xa ter premio
Mellor libro de Poesía publicado en 2013   
Sobre ruínas, de Xesús Rábade Paredes (Alvarellos Editora)
  
Mellor libro de Teatro
Isóbaras, de Gustavo Pernas  (Xerais-Xunta de Galicia)
O refugallo, de Paula Carballeira (Xerais-Xunta de Galicia)
     Obras Completas (Vols. I, II e III), de Roberto Vidal Bolaño (Edicións Positivas)





5/5/14

Libros infantís e xuvenís de Galicia 2014. Catálogo para a feira de Boloña.

Neste enlace podemos acceder áo catálogo de libros infantís e xuvenís galegos do ano 2014, que se ten presentado na Feira de Boloña.
Un catálogo que elabora GALIX (Asociación Galega para o Libro Infantil e Xuvenil) cada ano e que mostra as publicacións do anterior.
Un recurso de interese para as bibliotecas escolares.

"A lúa da colleita" e "Raíz da fenda", premios da Crítica Española



As autoras, Anxos Sumai e Berta Dávila, xa recibiran con anterioridade outros premios por estas mesmas obras. O primeiro deles xa resultara ganador do Premio García Barros 2013 e o segundo acadara o XV Premio de Poesía Johán Carballeira e a súa autora resultara recoñecida nos premios Ánxel Casal como autora 2013
Agora é a Asociación Española de Críticos Literarios, quen recoñece estas obras, outorgando a A lúa da colleita (Editorial Galaxia) o premio de Narrativa e a Raíz da fenda (Edicións Xerais de Galicia) o premio de Poesía.

2/5/14

Finalistas da Gala das Letras en blog literario e ensaio







Así nolo conta a AELG:
"A AELG continúa convocando a cidadanía nunha cita anual ao redor da nosa literatura última, esa que é unha regalía e fai bailar os ollos de orgullo.

Os socios e socias da AELG xa escolleron as obras finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2013 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados-as de Gálix e do Colexio de Xornalistas respectivamente.

As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala das Letras, que terá lugar o sábado 3 de maio no Teatro Principal do Concello de Pontevedra, nun acto aberto ao público até completar aforo."
E son:
- No apartado de blog literario
       * Caderno da crítica de Ramón Nicolás
       * Criticalia de Armando Requeixo 
       * Versos e aloumiños de Antonio García Teijeiro e Antón García - Fernández 
- No apartado de ensaio: