Xerais
vén de publicar Avións
de papel de
Xavier Estévez, con ilustracións de Marcos Viso. Esta novela foi
finalista do Premio Merlín 2016.
Destinada
a lectores expertos, conta a historia de Lucas e Sara, que se coñecen
por uns avións de papel. Esta amizade irá forxándose polo gusto de
ambos pola lectura, pola escritura, polo debuxo, reivindicando a
presenza e calidade da arte urbana (murais e graffitis), a través do
enigmático personaxe de Hopper.
No
epílogo, o autor introdúcenos na arte urbana facendo un percorrido
histórico e presentando a algún artista como Powone. Ademais inclúe
algunhas imaxes de murais e graffitis da cidade de Vigo e doutros
lugares de Galicia.
Imprescindible
na biblioteca escolar para pór de relevo a arte urbana, a poesía e
por facer un alegato a favor da inclusión.
O mundo do graffiti xa aparecía na novela de Xesús Fraga, Reo,
premio Raíña Lupa 2013, destinada a un público xuvenil e publicada pola Editorial Galaxia. En
palabras de Ramón Nicolás (Caderno
da Crítica), “ As
razóns do acerto desta novela son ben diversas. Unha delas é que se
introduce, por vez primeira no xénero e entre nós, no universo
graffiteiro e faino acudindo a unha sorte de caderno de bitácora a
través do cal Reo é quen de contar as súas propias experiencias
vitais e describir o mundo que o rodea, sen obviar unha ollada
realista sobre o tempo de incertezas que atravesa”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario