A editorial Kalandraka publica un novo tomo da serie de Inventarios ilustrados, o Inventario ilustrado de flores de Virginie Aladjidi con ilustracións de Emmanuelle Tchoukriel. A tradución corre a cargo de Fernando Moreiras
Nel descríbense as diferentes características de 62 tipos de flores de diferentes lugares do planeta. Iníciase o álbum co noso cáncaro, prímula ou panqueixo, unha das primeiras flores da primavera.
As flores están clasificadas por cores e descritas segundo o seu nome científico/común, época de floración, procedencia, aplicacións medicinais e culinarias ademais da presentación da flor coas súas características: partes, polinización e modos de crecemento. Acompañan tamén, imaxes de insectos vinculados ás flores .
Con este álbum, acrecentamos a colección de libros científicos e informativos na nosa lingua para a biblioteca escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario