Neste seu primeiro álbum, o autor fai un percorrido polas diferentes biografías dos 23 autores e autoras, que teñen en común vidas curtas, desacougadas e desgraciadas , aos que o destino maldiciu sen compaixón segundo nos contan na presentación editorial.
Rosalía de Castro, Kafka, as irmás Brönte, Wilde, Lovecraft, Dickinson e outros escritores forman parte destas biografías tan singulares
No prologo, Fernando Mircala di que o libro " non é un catálogo de autopsias ilustres, senón unha botica de primeiros auxilios vitais..."
Destinado ao alumnado xuvenil, este libro cun formato tan suxerente, pode suscitar entre o lectorado unha lectura crítica e comparativa das biografías destas personaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario