13/2/15

Premio Estornela

Carlos Labraña ganou o VIII Premio Estornela de teatro para nenos que organiza a Fundación Xosé Neira Vilas coa finalidade de estimular a creación teatral e de proporcionarlles a nenas e a nenos obras que se poidan representar. 
Coa obra titulada A pequena compaña acada, este autor, por terceira vez este galardón.
O xurado do certame valorou a “perfecta caracterización dos personaxes, a tensión dramática e o vibrante ritmo narrativo” da obra gañadora, así como “o adecuado emprego do léxico e o recurso á tradición galega e á mitoloxía clásica”.
Ademáis da obra gañadora, o xurado salientou os traballos: As terapias da doutora ledicia (de Raquel Castro Martínez) e As aventuras de Odiseo (de Xosé Luna Sanmartín) con cadansúa mención de honra.
Carlos Labraña, verá publicada a súa obra na editorial Embora.

No hay comentarios: