11/2/15

Novidades (1)


Quen é ese becho? de Carmen Queral. Un libro para os máis novos, de pastas duras, con poucas e ben medidas palabras, con ilustracións claras...
"Desde lonxe todos os bechos semellan iguais, pero se te achegas verás que os hai de todos os tipos: pequenos e moi pequenos, de lunares e de raias, cuns e outros gustos e costumes... ata chegar ao becho máis becho de todos... 
Quen será? Pois ti, si, ti mesmo, que has colocar a túa foto ou debuxo nese lugar para ti reservado, bechiño"
Leviatán de Ramón Trigo. Premio Lazarillo 2012. Di a presentaicón editorial:"O océano, unha misteriosa balea, os tripulantes dun barco en ardua persecución. Unha proposta pictórica chea de forza, simbolismo e xogos humorísticos para representar a complexa relación entre o planeta e os seus insensibles habitantes". Un álbum ilustrado para maiores con cores escuras e varias lecturas, con insinuacións e referencias a outras lecturas e medos ancestrais, con cam,iños que van e veñen dun a outro mundo... Non esquezamos que este ilustrador e autor xa ten ganado outros premios de álbum ilustrado como o II Concurso Internacional Álbum Infantil del Cabildo de Gran Canaria e o Premio Internacional de Álbum Ilustrado Ciudad de Alicante con Eu vivía na fin do mundo e Casa vacía.

No hay comentarios: