![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhdBgUN1Sz2YnEUIdOCgsNDuEIl7H4mtXth2dl_ki6eGrNR9LhQOwpBNxarZ6o6G1CDahoAb3BGDKL5FcvPmIPgy9EBNlibkVhhgc9bYi0KRZmrw4hoZxdHNmAtkEVbmMCaDR3wqUcn9qSt/s320/ceiba.jpg)
O premio Jules Verne 2017 acadouno o escritor Manuel Lourenzo coa novela Ceiba de Luz.
Publicada en Xerais, Ceiba de luz é un achado de aventuras, de filosofía, dos mundos que xiran da man de dezaoito mozos e mozas científicos que parten na procura dun tesouro: a propia orixe, a identidade mesma, o ouro agochado na selva amazónica.
Dirixida a un lectorado xuvenil, a lectura de Ceiba de luz ben pode ser unha proposta a ter en conta nos clubs de lectura dos nosos institutos.
Unha
figura humana da arte
indíxena da América precolombina e un narrador experimentado
condúcennos nunha expedición ao corazón mesmo do Perú , a unha
antiga civilización e a moitos segredos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario