A escritora, profesora e académica, Marilar Aleixandre vén de recibir o Premio Raíña Lupa 2017 que convoca anualmente a sección de Cultura da Deputación de A Coruña, coa novela "A filla do Minotauro". Segundo o xurado a obra galardoada é unha "relectura moi actual da mitoloxía grega cunha gran sensibilidade co patrimonio cultural".
Felicitamos a Marilar, unha das autoras que máis se ten comprometido coas bibliotecas escolares e coa lectura en galego para os máis novos, atendendo sempre as demandas de colaboración que desde este ámbito se lle fixeron e ofrecendo ás persoas mediadoras, e ao profesorado en xeral, excelentes títulos para por nas máis dos lectores e das lectoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario