O sábado 9 de setembro comezou a emitirse na radio galega o programa Chamando a terra que ten como protagonista o libro en galego. Está dirixido pola xornalista e escritora María Solar e que conta coa colaboración de Montse Pena Presas, Malores Villanueva e Alba Cid.
O
programa, que se emite os sábados entre tres e catro da tarde, ten
como finalidade estimular as ganas de ler de todos os públicos e en
todos os xéneros. Lecturas, entrevistas, recensións de libros ou
opinións son
seccións
fixas deste programa que comeza.
Seguiremos
con atención este novo programa que achega novas da Literatura
Infantil e Xuvenil en galego. Asimesmo pode servir
de modelo para futuros programas sobre libros desenvolvidos polas
bibliotecas escolares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario