Neste ano 2017
conmemórase o centenario do nacemento de Gloria Fuertes (1917-1998).
A escritora
madrileña destacou pola súa produción poética infantil e xuvenil,
sendo menos coñecida a súa poesía para adultos.
En torno á sua
persoa e obra vanse desenvolver múltiples actividades como nos
informan desde o Observatorio del libro y la lectura. Podemos
consultar tamén a páxina da Fundación Gloria Fuertes ou do Instituto Cervantes para achegarnos á biografía e á obra da poeta.
As bibliotecas escolares galegas non deberiamos pasar por alto esta efeméride xa que Gloria
Fuertes achega unha mirada pedagóxica e
feminista á literatura. Podemos celebralo a través de exposicións, na conmemoración do Día da Poesía ou do Libro...lendo a súa poesía.
Non atopamos moitos
recursos en galego en torno á poeta, porén a editorial Hercules de Ediciones ten publicada unha biografía na súa colección As
amizades de Hércules, titulada Hércules pasea con Gloria Fuertes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario