Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía 1888 - 1976 dos autores Patricia Arias Chachero e Afonso Monxardín. "Unha obra divulgativa ilustrada con máis de 400 documentos gráficos, en parte
boa parte inéditos ou pouco coñecidos, que contextualizan a traxectoria vital de
quen se ten dado en chamar o patriarca das Letras Galegas (...) As imaxes e os textos incluídos son froito dun traballo de escolma e
recuperación levado a cabo nos fondos de institucións como a propia editorial
Galaxia, a Fundación Otero Pedrayo, a Fundación Penzol de Vigo, a Real Academia
Galega, o Museo de Pontevedra, o Arquivo Histórico Provincial de Burgos, o Museo
do Pobo Galego e La Región.
A colección Sonárbore de disco libros con Estación Nadal e Xa me tardan estes magos de Mamá Cabra, Lucecús de Pirilampo con ilustracións de Federico Fernández.
Instrucións para tomar café é a última entrega de Núñez Singala, un monllo de microrrelatos co humor como lubricante.
O premio de novela Manuel García Barros 2014, Máscaras rotas para Sebastián Nell de Alberto Ramos, unha xoia a modo de entrevista. O VIII Premio de Narrativa Breve Repsol 2014, A diagonal dos tolos de Santiago Lopo, unha novela na que o correr, a carreira, acada un punto de importancia.
Tes ata 10 de Francisco Castro. "Unha trepidante historia de intriga e suspense, unha trama que contén, á súa vez, moitas historias distintas. A través de
correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e
sorprendentes, o seu pai, morto, ou quen está a facerse pasar por el, vai
obrigando a que o protagonista investigue un terrible asunto do pasado que
quedou sen resolver. Libros misteriosos, vinganzas dende o Máis Alá, historias
de amor que hai que manter ocultas..., todo un mollo de asuntos nunha novela que
nos vai levar de viaxe pola historia recente de España e Galicia, mais tamén por
dentro do corazón dos namorados que o están de verdade." (da presentación editorial).
No hay comentarios:
Publicar un comentario