4/2/15

Estrea dunha obra dramática en Istambul baseada no "Made in Galiza" de Séchu Sende

 
Recollido da páxina de Galaxia:
"Ven de estrearse en Istambul a obra "Merheba", unha adaptación teatral do libro "Made in Galiza", de Séchu Sende. Dirixida por Mehmet Atak, a obra é unha adaptación da tradución realizada por Irfan Guler e Pepa Baamonde e publicada pola editorial curda Avesta e combina humor e traxedia para tratar a situación das linguas minorizadas en xeral e, en particular, do curdo no estado turco. 
A obra represéntase en turco, en curdo e, nunha das partes, tamén en galego-portugués, coa inclusión dun audio gravado por Alicia Beatriz López Gallego.
A compañía Sermola Performans estreou a obra no Destar Teatro de Istambul o pasado dia 8 de xaneiro e, aínda que fora ía frio e nevaba, o teatro estaba cheo".
Había un galego na lúa?
Xa nos chamara a atención daquela, cando se publicara a obra traducida ao curdo e tivera tanto éxito que se venderan 3.000 exemplares en tres edicións sucesivas. 

No hay comentarios: