30/1/15

Estrea dunha obra dramática en Istambul, baseada no "Made in Galiza" de Séchu Sende





Recollido da páxina da editorial Galaxia:
"Ven de estrearse en Istambul a obra "Merheba", unha adaptación teatral do libro "Made in Galiza", de Séchu Sende. Dirixida por Mehmet Atak, a obra é unha adaptación da tradución realizada por Irfan Guler e Pepa Baamonde e publicada pola editorial curda Avesta e combina humor e traxedia para tratar a situación das linguas minorizadas en xeral e, en particular, do curdo no estado turco. A obra represéntase en turco, en curdo e, nunha das partes, tamén en galego-portugués, coa inclusión dun audio gravado por Alicia Beatriz López Gallego.
A compañía Sermola Performans estreou a obra no Destar Teatro de Istambul o pasado dia 8 de xaneiro e, aínda que fora ía frio e nevaba, o teatro estaba cheo". 
Esta obra tamén foi traducida ao euskera por Txerra Rodríguez e publicado pola editora Txalaparta.


Culturgal e as súas presentacións...
















 

Agradecemos que varias editoriais aceptaran o convite para presentar os seus fondos ás bibliotecas escolares e público en xeral, edentro da feira das industrias culturais. De aí que mal que ben tentemos facer visibles estas presentacións.
A segunda das editoras foi Kalandraka que nos falou das súas reimpresións e novas edicións. O premio Compostela de álbum ilustrado, Ícaro, do Premio Nacional de Ilustración, Federico Delicado, destinado a maiores de oito anos, coa súa homenaxe a Hopper e Kafka. A reimpresión dos títulos de Sendak, Na cociña da noite e Onde viven os monstros. Clásicos do álbum ilustrado universal, na nosa lingua e coa memlor calidade.  A reimpresión (14 anos despois), tamén de Tío Lobo  e a publicación de As tres princesas pálidas ocn texto de Ajo, ilustracións de Carole Hénaff e tradución de Manuela Rodríguez; unha fermosa historia ambientada no oriente dos nosos contos.
Tamén se nos presentaron, daquela as ofertas que fixemos públicas neste blogue por tratarse de materiais de calidade, en galego e nalgún dos casos... que ían máis alá da literatura infantil.

26/1/15

Presentacións para as bibliotecas escolares

A revista Luzes, tamén se quixo facer presente a mañá do sábado en Culturgal, demostrando desa maneira o respecto polas bibliotecas escolares e a confianza que se depositaba nos responsables das mesmas á hora de seleccionar os fondos. 
Foi Manuel Rivas (codirector, xunto con Xosé Manuel Pereiro), quen explicou a iniciativa, a motivación que os levou a propoñer este proxecto con base no que el chama local universal e que ten que ver con sentirse epicentro e non periferia. Un  proxecto que busca mostrar o visible e o invisible pero sobre todo de defender a biodiversidade de pensamento partindo dun xornalismo a modo de activismo fronte a un xornalismo petrificado.  
Tal como se dicía cando se presentou por primeira vez "En Luzes todo semella excesivo: reportaxes de seis ou oito páxinas, un suplemento literario que se chama República e que ocupa unha cuarta parte da revista, grafismo coidado, cor, 700 gramos de papel con contidos selectos por dez euros. Propuxéronse conseguir 500 suscriptores nun mes e conseguírono nove días antes..." Un verdadeiro milagre!
  

21/1/15

Recoñecemento a un autor

Información facilitada por GALIX:
"O vindeiro venres, 23 de xaneiro, terá lugar na Biblioteca González Garcés da Coruña a entrega do galardón Socio de Honra 2014 de GÁLIX ao escritor Xoán Babarro. No acto participará o alumnado de 1º e 2º de primaria do CEIP María Pita e dará comezo ás 12.15 h. A entrega comezará coa presentación do galardón por parte do presidente de GÁLIX, Xosé A. Perozo. Deseguido a escritora Concha Blanco realizará a laudatio do homenaxeado, quen contestará antes de dar paso ás intervencións dos rapaces e rapazas do CEIP recitando textos do propio Babarro. O homenaxeado lerá un conto feito para os rapaces do María Pita e recibirá o premio de honra, concluíndo deste xeito o acto".
Xoán Babarro é un autores máis recoñecidos da literatura infantil e xuvenil galega, con multitude de obras para a mocidade e destinada aos máis pequenos. Libros de narrativa, poesía e teatro. Libros de texto. Libros escritos unicamente por el e libros compartidos con Ana Mª Fernández. Un creador que leva publicando desde os anos setenta, escribindo para encher de contido as aulas e bibliotecas cando a elas entrou a nosa lingua. Un autor que tamén ten escrito sobre o fomento da lectura e participado cos seus textos na celebración do Día do Libro, como é o caso. Un autor que nos ten deleitado coas súas creacións para o primeiros lectores con marabillosos trebellos como Carpametacarpadeduna; Cuco, cuquelo, que tes no fardelo?; Deseñadora de hora en hora; Dez eran dez; Lobo lobo; Ten, ten, a mña casa ten... polo que merece esta mención sen ningunha dúbida.
Este mesmo galardón foi recibido, en edicións anteriores por Xavier Senín e David Otero, Xosé Neira Vilas, Agustín Fernández Paz e Fina Casalderrey.

Máis editoras que presentan os seus produtos en Culturgal

Hércules de Edicións tamén presentou os seus libros de literatura infantil e xuvenil.
As novas lecturas: novos valores da ilustración e da escrita, entre os que destacou A nai da nai da miña mamá, un libro no que se unen dúas visións segundo por onde se comece a ler, a da nena e a da bisavoa. Un libro que lembra aquel outro de Miguel Vázquez Freire O neno que tiña medo dos robots ou O robot que tiña medo dos nenos (segundo se lera, dun lado ou do outro).
"Os imperdibles de Hércules", colección de clásicos universais adaptados como O león e o pastor, A Coroneliña, O verme de seda e a araña...
"As mocedades de Hércules" con Hércules e a máquina do tempo, Hércules e a caixa máxica, Hércules visita a Álvaro Cunqueiro,... pequenas biografías noveladas e relacionadas co personaxe mítico.
Recomendamos, igual que sempre, revisar cada un dos títulos, antes de tomar ningunha decisión.

20/1/15

Presentación de materiais (para as bibliotecas escolares) en Culturgal



Quedamos agardando a que nos fixeran chegar as presentacións que as editoras realizaran para Culturgal.  E a organización aínda non nolas pasou así que imos facer o que podamos, lembrando o que ali escoitamos.
Comezamos con Ouvirmos editora que presentou as súas coleccións Cociña infantil e familiar, Biografías de científicos galegos e Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros.
Dentro da primeira colección aparecen os títulos: Xeados, Pratos do mundo, Chocolates, Carnes, peixes, Arroces, Menús para festas, Pastas e pizzas, Bocadillos e sandwiches e Sobremesas.
"10 libros de receitas que ensinan a preparar pratos fáciles e creativos, específicamente concebidos para experimentar en familia (...) Cada volume inclúe 20 receitas realizadas con ingredientes básicos, explicadas paso a paso dunha forma sinxela polos profesores titulados de Hostalería Miguel A. Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez e Xenxo Pereiro, e acompañadas das fotografía de Tono Arias. Ademais, consellos prácticos, trucos específicos para cada receita e recomendacións para desenvolver con éxito a aventura de adentrarse na cociña."
A segunda colección, conta na actualidade coas biografías de Casares Quiroga e Ramón Mª Aller Ulloa.
Esta colección ten como obxectivo rescatar a vida e obra dos grandes nomes da nosa historia científica. "Unha revisión do pasado para inspirarnos nos pioneiros que coas súas ideas, esforzo e creatividade, achegaron luz e progreso á sociedade".
A terceira da coleccións, e a última en saír ao mercado, conta con dúas entregas seguindo as estacións: Primavera - Verán e Outono - Inverno. Xoguetes naturais é un caderno que nos ensina como realizar paso a paso 30 xoguetes con elementos da natureza, follas, herbas, flores… Detrás de todas estas “argalladas”, atopamos un forte compromiso coa defensa do medio ambiente, pero sobre todo un devezo profundo de recuperación e posta en valor do xoguete popular e tradicional
O último produto presentado foi Historia da música en Galicia, un libro e dous CD´s nos que se fai unha revisión cronolóxica da música feita en Galicia ao longo da Historia e desde unha perspectiva pedagóxica.

19/1/15

Os mellores do 2014 para Fervenzas Literarias

 Xa se fixeron públicos "Os mellores do 2014" e nós dámoslle publicidade.
Detémonos especialmente nos relacionados coa LIX (Literatura Infantil e Xuvenil)
Mellor libro de Literatura Xuvenil, o xa premio Raíña Lupa, Reo de Xesús Fraga, publicado por Galaxia.
Mellor libro de Literatura Infantil, o xa premio Merlín, Escarlatina,a cociñeira defunta de Ledicia Costas, publicado por Xerais.
Mellor libro traducido de Literatura Infantil Na cociña de noite de Maurice Sendak, publicado por Kalandraka.
Mellor portada de Literatura Infantil: Escarlatina,a cociñeira defunta.
Mellor ilustrador do ano: David Pintor (o noso cartelista!)
Mellor autor do ano: Agustín Fernández Paz, que xa ganara no noso ranking dos Clubs de Lectura.
Mellor libro de banda deseñada: O bichero de Luís Dávila.
Non debemos esquecer que o listado é froito da votación a través da páxina de Fervenzas Literarias. Para poder votar tivemos que achegar os nosos datos e, no caso dos menores, facelo por medio dun adulto... 

16/1/15

Poemas matemáticos, ou versos matemáticos?

Ovella descarreirada de Marilar Aleixandre é un poemario publicado na colección Milmanda de Xerais
Os poemas estrutúranse en tres partes: "Ovella negra", "Valeime, pugas dos toxos" e "Apañando a primavera"
Poemas para ler, que van dos haikai aos que beben na fonte rosaliá ou na tradición musical. Poemas con referencias científicas e matemáticas, para que teñan en conta aqueles e aquelas que andaban a apañar versos para as seleccións que nunca rematan. 
Unha probiña:
no sal o mar enteiro
como o muíño o reducio,
a cabeceira a mazaroca
e a mazaroca o gran,
como a folla do limoeiro
o arrecendo a limón
como o loureiro o niño
e o niño o carrizo,
como Eva, enguruñada no ventre,
a Eva pequena,
así disque, na proporción áurea,
contén cada rectángulo
a copia de si mesmo

máis pequena,
máis pequena
até o infinito        como o mar
a lancha de relinga,
e a lancha o mariñeiro,
como o mariñeiro unha bagulla,
e a bagulla o sal,
como o sal o mar enteiro.

15/1/15

Os mellores da LIX 2014, segundo Babelia

O 13 de decembro, a revista Babelia, publicou o que consideraba mellores libros de literatura infantil e xuvenil o ano 2014. Debemos ter en conta que o suplemento cultural de El País é un referente para España e América e que non ten en conta as outras linguas oficiais, polo tanto debemos ser nós quen saquemos conclusións despois de lelo
Estes son...
Na categoría de álbum ilustrado

1. La cocina de noche, de Maurice Sendak. Kalandraka.
2. 12 poemas de Federico García Lorca. Ilustraciones de Gabriel Pacheco. Kalandraka.
3. Ahab y laballena blancade Manuel Marsol. Edelvives.
4. Todos mis patitos, de Janosch. Libros del Zorro Rojo.
5. El lago de los cisnes, de Charlotte Gastaut. Thule. 
Así, lembraremos que A cociña de noite foi publicada a un tempo en castelán e galego e a tradución realizada directamente (en ambos casos) desde a súa lingua inicial. Tamén observaremos que 12 poemas de Federico García Lorca é publicado, tamén, pola editorial galega Kalandraka, igual que o primeiro citado.
Na categoría de primeiros lectores
1. El tesoro de Barracuda, de Llanos Campos. Ilustraciones de Júlia Sardà. SM.
2. El libro de las camas, de Sylvia Plath. Ilustraciones de Quentin Blake. Libros del Zorro Rojo.
3. Escarabajo en compañía, de Pep Bruno. Ilustraciones de Rocío Martínez. Ekaré.
4. El hombrecito vestido de gris y otros cuentos, de Fernando Alonso. Ilustraciones de Ulises Wensell. Kalandraka.
5. Matti y Sami ylos tres errores más grandes del universo, de Salah Naoura. Lóguez.
De novo, a editora galega, aparece coa reedición dun clásico O homiño vestido de gris e outros contos, en ambos idiomas.
Na categoría de novela xuvenil


1. Al sur de la Alameda. Lola Larra. Ilustraciones de Vicente Reinamontes. Ekaré.
2. El rey Matías I, de Janusz Korczak. Nube de Tinta.
3. Alianzas. Cuentos de la luna llena, de Iria G. Parente y Selene M. Pascual. Everest.
4. Los libros de A., de Josep Lluís Badal. Ilustraciones de Zuzanna Celej. La Galera. 
5. Ciudades depapel, de John Green. Nube de Tinta.




14/1/15

Nova revista de banda deseñada: Noveno 9

Unha vez máis é Kiko da Silva quen bot aa andar unha publicación relacionada coa banda deseñada.
A escola de cómic, O Garaxe Hermético, que el dirixe, acaba de facer públio o nacemento desta revista dixital á que podemos acceder a través da rede.
Obra do alumnado e nada arredor dunha idea, unha nova, un motivo: 3 días de escuridade.
Un nome que dá xogo Noveno 9 e unha nova oportunidade de ler banda deseñada, neste caso a través da pantalla.
Bo futuro!

13/1/15

A nova tabela dos libros, xaneiro 2015, para comparar e... falar

Pois si, mantémonos ao día, despois do listado dos libros recomendados no blogue Criticalia no mes de decembro, tomamos nota dos que salientan no mes de xaneiro.
Proximamente teredes que virar os ollos a Fervenzas literarias e ver cales son os finalistas, en cada unha das modalidades e, de paso, igual facer algunha outra proposta, dese o punto de vista das bibliotecas escolares, algo teremos que dicir, ou non?
Recollemos, pois esta selección e facemos fincapé naqueles de literatura infantil e xuvenil que se recollen, e vemos que son poucos, moi poucos, apenas Quen pode vencer o vento? de Charo Pita e Marion Arbona, publicado por OQO, pena que se siga a facer invisible esta literatura que tanto dá de ler e que tantos lectores anda a crear.

Tabela dos libros.

De Criticalia recollemos a Tabela dos libros, correspondente a decembro de 2014
En infantil e xuvenil aparecen Ícaro de Federico Delicado (último premio Compostela de álbum ilustrado), Ovella descarreirada de Marilar Aleixandre, Tes ata 10 de Francisco Castro, Flash back 13 de Ramón Caride...

12/1/15

E ... taboleiro do libro galego (XXIX) para comparar




O taboleiro do libro galego, correspondente ao mes de decembro,  publicado polo blogue Caderno da crítica da autoría de Ramón Nicolás, co apoio das librarías (Trama, Paz,  Casa do Libro de Vigo, Suévia, Miranda,  Biblos,  Andel,  Cartabón,  Libros para soñar, Pedreira, Couceiro, Aira das Letras e Lila de Lilith) onde se mostran os libros galegos máis vendidos.
recollemos aqueles apartados máis relacionados coas nosas bibliotecas
Literatura xuvenil
1º-. Xesús Fraga, Reo, Galaxia. Premio Raíña Lupa.
2º-. Rosa Aneiros, Ámote, Leo A. Terminal de… chegadas?, Xerais. A derradeira entrega da triloxía "Ámote Leo A".
3º-. Francisco Castro, Tes ata as 10, Galaxia.
4º-. Elena Gallego, Dragal IIIXerais. Outra entrega da serie.
5º-. Anxo Fariña, Os megatoxos e o dragón de xade, Xerais. Unha entrega máis da serie dos Megatoxos.
Literatura infantil
1º-. Ledicia Costas (ilustracións de Víctor Ribas), Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais. Premio Merlín.
2º-. Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso, O soño de Esther, Nova Galicia Edicións.
3º-. Chema Heras (ilustracións de Kiko Dasilva),  Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis, Kalandraka. Reimpresión e sorprendente éxito continuado.
4º-. Antón e o Apalpador, Barafunda Animación.
Música
1º-. Paulo Nogueira e Magoia Bodega (ilustracións de Mariona Cabassa), Non hai berce coma o colo, Kalandraka.
 2º-. Paco Nogueiras e David Pintor,  Brinca vai!,  Kalandraka.
3º-. Uxía, Xiqui Xoque, fiú fiú!,  Galaxia.
4º-. Magín Blanco, Gatuxo, Fol Música.
5º-. Os tres TENedoORES, Cocido sinfónico, Galaxia.
Non deixa de chamar a atención o gusto polas series (Ámote, Leo A. Terminal de… chegadas?, Dragall III, Os Megatoxos e o dragón de xade) dentro dos preferidos na literatura xuvenil, a presenza dos premios (Raíña Lupa e Merlín), as novidades (Tes ata 10Non hai berce coma o colo...), os libros que seguen a ser actuais ao longo do tempo e os de época (Antón e o Apalpador).

Taboleiro do libro galego XXVIII



Na páxina de Ramón Nicolás "Caderno da crítica", recóllese o último taboleiro do libro galego, correspondente a novembro de 2014, e nel...
Para mocidade:
1º-. Francisco Castro, Tes ata as 10, Galaxia.
2º-. Xesús Fraga, Reo, Galaxia. Premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña
3º-. Ledicia Costas, O corazón de Xúpiter, Xerais.
Para infancia:
1º-. Ledicia Costas (ilustracións de Víctor Ribas), Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais. Premio Merlín.
2º-. Fina Casalderrey (ilustracións de Laura Súa), Historia da bicicleta dun home lagarto, Xerais.
3º-. Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso, O soño de Esther, NovaGalicia Edicións.
4º-. Eva Mejuto (adaptación; ilustracións de Sergio Mora), A casa da mosca chosca, Kalandraka.
 En música:
1º-. Paco Nogueiras e David Pintor,  Brinca vai!,  Kalandraka.
2º-. Uxía, Xiqui Xoque, fiú fiú!,  Galaxia.
3º-. VV. AA., Corasóns, Kalandraka.
4º-. Golfiños, Te, chocolate, café, Gestión Cultural.
En banda deseñada
1º-. Luís Davila, O bichero IV, Edición do autor.
2º-.  Tokio, A causa do crime, Demo Editorial.
3º-. Jacobo Fernández Serrano, Marcopola e a illa remeira 3. Dragoneta!, Xerais
E noutros
1º-. Equipo Xerais, Calendario Xerais 2015 (Xerais) e  Luzes, nº 11, outubro 2014.
2º-. Benigno Campos, Cociñando con Benigno Campos, Galaxia