12/2/15

Premios ( CookBook Gourmand Award 2014)

O álbum ilustrado Maruxa, de OQO, ven de ser galardoado co CookBook Gourmand Award 2014, que selecciona os mellores libros de cociña de todo o mundo. Maruxa foi premiado na categoría “Best Illustrations CookBook” no estado español, na súa edición en galego. Os gañadores de cada país competirán en Yanyai, na China, polo título “The best in the world” o vindeiro mes de xuño. Os Gourmand coñécense popularmente como os “Oscar” dos libros de cociña e levan máis de 15 anos premiando obras de todo o mundo.
Maruxa, con texto de Eva Mejuto e ilustracións da portuguesa Mafalda Milhões, é a adaptación dunha canción tradicional polaca “Maryna gotuj pierogi” e forma parte do proxecto “Cociña de Contos. Europa á carta”, unha acción de cooperación do programa Cultura 2007-2013 da UE. Esta iniciativa promove distintas actividades que relacionan a literatura e a gastronomía para o público infantil, e que xa chegaron a máis de 20.000 nenos e nenas en España, Portugal e Polonia.

No hay comentarios: