A cidade dos nenos de Francesco Tonucci con ilustracións do autor.
A tradución de Mónica Baleirón, Sonia Santos e Rut Vázquez. O limiar de Antón Costa Rico.
Pontevedra é a cidade galega que se sumou a outras europeas e latinoamericanas que teñen asumido o xeito de pensar a cidade
proposto por Tonucci, urbes á medida da
infancia que redundan nunha maior calidade de vida para todos os cidadáns.
Tonucci é un pedagogo que vai máis alá da escola como ben demostra este libro que agora nos chega en galego, unha proposta que se estende á totalidade da vida para convencernos de que só o que está planificado para os máis débiles é válido para todos e todas. É hora de repensar a cidade e repensar a educación, é hora de ler a Tonucci e escoitalo.
Un poderoso álbum da autoría de Arianna Papini con tradución e adaptación de Ramón Nicolás e Xosé Ballesteros. Unha poética maneira de falarnos daqueles que xa non están, que se foron empuxados polo egoísmo humano. En primeira persoa vanse presentando cada dos animais e con dureza espértannos a conciencia.
Esta é a presentación editorial: "A deforestación, o
quecemento do planeta, o furtivismo, a contaminación... O ser humano levou á
extinción a moitas especies en todo o mundo. Este libro poético recolle o
testemuño dalgúns animais que xamais volverán volar, nadar, correr".
No hay comentarios:
Publicar un comentario