Recollido da páxina da editorial Galaxia:
"
Ven de estrearse en Istambul a obra "Merheba", unha adaptación teatral
do libro "Made in Galiza", de Séchu Sende. Dirixida por Mehmet Atak, a obra é
unha adaptación da tradución realizada por Irfan Guler e Pepa Baamonde e
publicada pola editorial curda Avesta e combina humor e traxedia para tratar a
situación das linguas minorizadas en xeral e, en particular, do curdo no estado
turco. A obra represéntase en turco, en curdo e, nunha das partes, tamén en
galego-portugués, coa inclusión dun audio gravado por Alicia Beatriz López
Gallego.
A compañía Sermola Performans estreou a obra no Destar Teatro de Istambul o pasado dia 8 de xaneiro e, aínda que fora ía frio e nevaba, o teatro estaba cheo".
"

A compañía Sermola Performans estreou a obra no Destar Teatro de Istambul o pasado dia 8 de xaneiro e, aínda que fora ía frio e nevaba, o teatro estaba cheo".
Esta obra tamén foi traducida ao euskera por Txerra Rodríguez e publicado pola editora Txalaparta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario