23/2/15

Novas da AELG

O escritor Xosé Mª Álvarez Cáccamo será a nova letra E da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega segundo se aprobou na última asemblea da entidade.
Outros premios acordados foron para o xornalismo en galego (o ano pasado fora o teatro o recoñecido). En canto a institucións, a AELG premiará o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Asociación de Medios en Galego. Co galardón, Bos e Xenerosos, recoñecen  a traxectoria de cinco xornalistas pola súa defensa da nosa lingua e a nosa cultura, Margarita Ledo, Tereixa Navaza, Manolo Lombao, Gustavo Luca de Tena e Xosé María Palmeiro.
Da literatura brasileira sae este ano o nome do Escritor Galego Universal para o que foi escollido Luiz Ruffato, autor, entre outros títulos de Eles eram muitos cavalos ou o proxecto Inferno Provisório. Tamén teñen nome xa a categoría de mestres e mestras da memoria que recaeu en Josefa Arias e Emilio do Pando. 
A gala de entrega dos premios terá lugar o 9 de maio na cidade de Lugo.
Vía, páxina da AELG

No hay comentarios: