A Asociación Española de Estudos Anglo-Norteamericanos outorgoulle ao
profesor e investigador da Facultade de Filoloxía e Tradución Jorge Luis Bueno o
seu Premio Nacional. O traballo de tradución para o galego do poema inglés
medieval Sir Gawain valeulle ao docente da Universidade de Vigo este
recoñecemento. Bueno xa obtivera en 2011 con outra versión para a nosa lingua,
nesa ocasión do poema Beowulf. Segundo adianta o Diario da
Universidade de Vigo, o profesor enfronta agora a tradución dos Contos de
Canterbury de Chaucer.
Os nosos tradutores son cada día máis recoñecidos fóra de Galicia; agora só queda confirmar que estamos dispostos/as a crer neles e nas versións que se van publicando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario