Mostrando entradas con la etiqueta Ensaio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ensaio. Mostrar todas las entradas

15/8/15

Unha historia da LIXG

Un recurso necesario.
A Historia da literatura infantil e xuvenil galega era algo que se botaba de menos, especialmente a estas alturas cando esta literatura xa pode ir falando de canon, de clásicos escritos orixinariamente no noso idioma e dos que veñen de fóra pero son verquidos á nosa lingua para ir creando ese sistema literario de noso. A literatura actual ten referencias do pasado, bebe das fontes, de aí que sexa tan necesario recoller a liña do tempo e os produtos que foi dando.
Esta é tamén unha maneira de demostrar o moito que ten avanzado, en moi pouco tempo.
Neste caso, e seguindo unha colección de ensaios que ata a actualidade xiraba arredor de temáticas argumentais e xéneros, a profesora Blanca Ana Roig co seu grupo de colaboradoras, preséntanos este estudo. 
Un estudo amplo que leva aparelladas as dificultades que moitos deles teñen. Cando moito citamos, podemos botar de menos algunhas referencias de gran importancia no estudo desta literatura. Incluso nos pode resultar excesiva a bibliografía no que se refire ás participantes neste libro e facerse moi visible o silencio doutras fontes. Non imos a analizar as razóns desa invisibilidade, pero debemos telas en conta á hora de seguir a estudar a nosa literatura infantil e xuvenil.
O dito, un recurso a ter en conta para non esquecer o que hai, para valorar o canon e para ir analizando as novidades, na proporción debida. Un estudo necesario, a investigación universitaria buscando sistematizar esta produción. Partindo da organización temporal e seguindo as metodoloxías  que ás investigadoras lle semellan máis axeitadas ao sistema literario galego.

27/2/15

Biografías necesarias

María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970), de Ana Romero Masiá, publicado por Baía editorial dentro da súa colección Biografías.
Para mostrarnos o perfil dunha destacada educadora, a autora organiza o traballo seguindo un criterio temático-cronolóxico. Unha introdución de contexto, catro capítulos dedicados aos ámbitos básicos da actividade de María Barbeito: o profesional, o benéfico-social, o literario-cultural e o das actividades cívicas e feministas, e un capítulo final dedicado á traxedia que significou a depuración a que foi sometida e que determinou a separación da docencia.
Coñecer a esta muller é unha obriga coa escola e a Historia.

11/12/14

De matemáticas


O xornal na clase de matemáticas. Unha nova proposta para aprender e se divertir cos números. Cecilia Alvarellos Casas.
Publicado pola editorial Alvarellos que así o presenta:
"O xornal como recurso pedagóxico na clase de Matemáticas foi, ata agora, moi pouco explorado, mais as súas vantaxes para o alumnado –sobre todo en Secundaria– son múltiples: conecta os rapaces e rapazas coa realidade, motiva debates sobre a actualidade, lévaos a comprender mellor o tratamento da información e as claves das estatísticas que aparecen nos xornais, finalmente, posibilita a relación de coñecementos que atinxen a varias materias".