18/2/15

Candidatura ao Nóbel de literatura

De Caderno da crítica, entresacamos este comentario acerca da inclusión de Agustín Fernández Paz xunto con X.L. Méndez Ferrín e Luz Pozo Garza, na solicitude para o Premio Nobel de Literatura, por parte da AELG.
Así o explica Ramón Nicolás "Talvez sexa unha obviedade apuntar que Fernández Paz testemuña unha das traxectorias máis brillantes no ámbito da literatura infantil e xuvenil, mais tamén o seu labor narrativo que non se dirixe especificamente a esa franxa do lectorado é, e segue a ser, respaldado unanimamente pola crítica e por quen se achega aos seus libros. Esta escolla é un xesto que, alén das posibilidades reais que poidan existir para a consecución do galardón, resulta moi significativo pois abre máis portas que reforzarán o recoñecemento do talento narrativo dun escritor que idea e abraza historias para ficar na memoria. Ademais recoñece toda unha xeración que puxo e segue a poñer a nosa LIX nun lugar cimeiro internacionalmente. Vaian, desde aquí, os meus parabéns a Agustín."

No hay comentarios: