A canle de youtube da Editorial Galaxia presenta pezas audiovisuais,
realizadas e montadas por Noel Queipo e por Pilar Peleteiro, protagonizadas por algúns dos autores que publicaron recentemente
novidades nesta editora.
Antón Dobao, Manuel Núñez Singala, Santiago Lopo, Alberto Ramos e Francisco Castro, reflexionan
fronte á camara arredor dos seus libros, as motivacións que os levaron a
escribilos, etc.
Unha maneira de seguir lendo.
Tamén presenta a combinación Os Quiquilláns + Espantallo amigo.
"Un proxecto teatral e literario: Xosé Neira Vilas soñou un día o Espantallo
Amigo. Xaquín Marín puxo a súa arte ao seu servizo para ilustrar unha magnífica
historia e Xosé Vizoso encárgase desta volta de darlle forma, cor e realidade
aos personaxes desta versión teatral de Os Quinquilláns, que acompañamos coa
edición do libro para que ninguén se quede sen el para, con vagar, ler e
sorprenderse de como unha idea nacida un día na mente dun escritor, remata sendo
debuxo, cor, xesto no escenario, interpretación"
No hay comentarios:
Publicar un comentario