30/12/14

Agasallar en galego

Un mozo Nadal e en galego, así se chama a pequena mostra de produtos realizados en galego ou que utilizan esta lingua para a difusión e venda. 
Unha guía de agasallos que forma parte do programa Nadal en Rede 2014, impulsado pola Rede de Dinamización Lingüística, e que conta con...
Revistas
Libros
Música
App móbiles
Tecnoloxía
Gastronomía
lecer
Roupa
Audiovisual
Artesnía
Decoración
Agasallos para os máis cativos 
Neste enlace, pódese acceder ao catálogo. Así que, se temos que agasallar... que sexa en galego!

29/12/14

O apalpador. Cantémoslle!


Hai tempo que non lle cedemos a páxina a Paco Nogueiras, ese músico e actor disposto a facernos cantar e bailar.
É Nadal e andamos a agardar ao apalpador, así que busquémolo! 

As ofertas de Nadal e a compra de libros en galego



Estes días ao pasar polas librarías, preguntade polas ofertas. Hai moitas máis das que se vos foron contando a través deste blogue, coleccións como a de óperas na que se funden música, literatura e arte a través de libretos adaptados, unha pequena biografía do compositor e fragmentos sonoros interpretados por prestixiosos concertistas. Toda a colección destinada a espertar o interese infantil por este xénero musical.
A colección Pequechos cos animais máis sorprendentes de cada ecosistema, con Pequechos do deserto,
Pequechos das praderías e das sabanas, Pequechos dos ríos e dos lagos, Pequechos da selva, Pequechos das montañas e Pequechos das terras polares.
Tamén podedes atopar a triloxía "A materia escura" (cos títtulos A aurora boreal, O anteollo de ámbar e O coitelo sutil) de Philip Pullman, encadernados en cartoné, con deseño de Marc Taeger e tradución de Fernando Moreiras. 
Para aqueles que queiran agasallalos, para os que queiran lelos, para todos eles e elas...
Nunca tanta propaganda se fixo desde este blogue e debe entenderse dentro dunha campaña para facer fronte ás últimas estatísticas a respecto da lectura en galego. 
Hai tanto que facer, que non nos queda máis remedio que evitar os obstáculos posibles como a carestía do produto, por iso, unhas entradas de Rede Lectura para todos aqueles que teñan moitas ganas e non tantos cartos.  




26/12/14

Coleccións relacionadas coas ciencias en galego



















A colección "Pequechos" de Kalandraka.
A base de magníficas fotografías búscase o coñecemento dos animais máis sorprendentes de cada ecosistema.
Os seus títulos son:
Pequechos das praderías e das sabanas 
Pequechos dos ríos
Pequechos das montañas
Pequechos do deserto
Pequechos das terras polares
Pequechos da selva

22/12/14

Coleccións relacionadas coa ciencia en galego (XV)



O club da ciencia é unha colección de Edicións Xerais de Galicia.
Da autoría de Victor Raga, con ilustracións de Montse Español Rodié e traducido por Pablo Sánchez Mato.
Baixo os títulos van aparecendo subtítulos que nos adiantan as temáticas que se van a tratar.
Títulos:
Un furacán chamado Otilia
Descenso ao barranco do Demo
Sempre tes que meter o nariz
Un día na granxa
Mi madriña, que paisaxe!
Un veciño cheo de sorpresas 
...
Epígrafes:
Explora a atmosfera co señor Viramontañas
Explora as paisaxes co señor Viramontañas
Explora o corpo humano co señor Viramontañas
Explora o mundo animal co señor Viramontañas
Explora o mundo das plantas co señor Viramontañas
Explora o universo co señor Viramontañas
... 

As ofertas de Nadal. OQO, colección Q

Tamén de OQO, neste caso da colección Q dirixida a rapazada de oito a doce anos, nos presentan unha  oferta: dous libros 24 €
Trátase de dous libros: A sesta dos enormes e Se os gatos levasen botas gobernarían as ras
Para que este Nadal todos teñan libros en galego nas súas mans!

19/12/14

As ofertas de Nadal: Kalandraka. Colección Arte

Kalandraka, pon a disposición dos lectores e agasalladores, un par de libros da colección Arte: Descubrir a arte a través do mundo e Mirar a pintura a través dos séculos.
Dous libros imprescindibles en calquera biblioteca persoal ou familiar que queira espertar o gusto polo feito artístico. Os dous polo prezo único de 22 €

Recursos para o Nadal

 
Unha páxina da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística: Nadal 2014.
Nela atopamos...
As cancións
A carta aos reis
O Apalpador
O teatro
Os recursos didácticos
Os agasallos
Os contos
Os refráns
Os concursos
O Nadal de noso

18/12/14

As ofertas de Nadal: OQO, colección O

 
De OQO chéganos información sobre as súas ofertas de Nadal.
Unha boa época para ofertarnos bos libros a prezos asequibles. Un bo momento para recomendar o mellor deses libros, para agasallar aos nosos nenos e para apoiar a industria editorial do país. Non cabe dúbida de que é necesario e case imprescindibles despois dos ´ñultimos datos do IGE. Lembremos "Só un 4,8% recoñecen ler en galego; en castelán, faino o 58% e máis en castelán ca en galego o 37%". 
E logo, aínda non será hora de botar unha man? 
Agardaremos algo máis para botar as mans á cabeza?
Para os esperanzados e as activistas, é mercar libro galego, e neste caso con máis razón: 10 libros (Troco, Viches o león?, Pilú, pilú, Enseñando o Norte, A máscara do león, Quen levou a lúa?, O secreto do bosque, As aventuras de osiño, Ranilda, A voda do galo pinto) ao prezo de 106 € Todos eles da colección O, para rapaces e rapazas de tres a sete anos.
Por un par de veces, permitídenos publicidade.
 




Coleccións relacionadas coa ciencia en galego (XIV )

A editorial Lóstrego conta con varios libros desta temática:


Doce grandes científicos de Mª Milagros Villanueva
A ecoloxía de Catalina Cepeda Pereira
O universo de Manuel Mateos Santamaría

17/12/14

As ofertas de Nadal: Kalandraka. Colección Mifi

Para os máis pequenos, Kalandraka ofrécenos catro libros da colección Mifi ao prezo de doce euros, en total. Mifi na casa, Mifi visita o zoo; Bos días, Mifi e Conta con Mifi. Para os prelectores, en cartón troquelado, os contos de Dick Bruna, traducidos por Silvia Pérez.

Libros relacionados coas ciencias para os máis pequenos (VI)






 
A colección "O Meu Mundo" de S.M. Xerme cons títulos como Coida o teu Planeta, O Universo, O teu corpo.
A súa referencia no blogue da biblioteca escolar do CEIP de Pazos.


16/12/14

X Premio Iberoamericano S. M. de Literatura Infantil y Juvenil


 
O  Premio Iberoamericano S. M. de Literatura Infantil y Juvenil, que xa recibiran autores de noso como Juan Farias e Agustín Fernández Paz, recaeu, na súa X edición no autor colobiano Ivar Da Coll. En palabras do xurado "(...) por unha sólida carreira ao longo da cal creou un orixinal mundo de ficción con personaxes entrañables que se moven nun espazo e tempo propios”, e considerar que “o corpo da súa obra é á vez local e universal; trascende a xeografía colombiana, ao apropiarse de tradicións e imaxinarios doutras culturas”. Autor de texto e imaxe, o seu mundo pertence ao álbum ilustrado.
Entre as súas obras poderiamos destacar a serie Chigüiro e os títulos Tengo miedo, Torta de cumpleaños e Garabato, Hamamelis, Miosotis y el señor Sorpresa.

15/12/14

Coleccións relacionadas coa ciencia en galego para os máis pequenos (V)

 
En Baía Edicións, a colección "O mundo animal", cos títulos:
A miña primeira enciclopedia dos animais
O meu primeiro Atlas Ilustrado dos Animais
As marcas dos animais
Dinosaurios. 150 animais prehistóricos de pequenos a grandes
Na colección "Divulgación" atopamos títulos de interese como...
Charles Darwin
O planetas das curiosidades

12/12/14

Cen anos de "Platero y yo"

 

 
Si, hai cen anos que se publicou Platero y yo, dínolo google, os cadernos de bibliotecas escolares e case o vento que nos trae a dozura dun texto no que o amor por un animal é protagonista.
Ese principio que se repite ao longo do tempo para remitirnos á poesía escrita en prosa:
"Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro. Lo dejo suelto y se va al prado y acaricia tibiamente, rozándolas apenas, las florecillas rosas, celestes y gualdas... Lo llamo dulcemente: ¿Platero?, y viene a mí con un trotecillo alegre, que parece que se ríe, en no sé qué cascabeleo ideal..."
E lembrando, lembramos... que houbo un tempo no que os nosos maiores tiñan tanto interese en mostrar aos rapaces o mellor da literatura universal na nosa lingua, que un home o traduciu ao galego. Era Manuel Beiras, que tamén fixera a adaptación dos contos de Grimm.
Visto o visto, só podemos pensar qué facemos para continuar con esa labor, propia de Sísife de continuar ofrecendo libros en galego á rapazada. Que facer agora cando o mesmo Neira Vilas acaba de afirmar ao recibir o premio de Cultura (hai dous días) "un orgullo para todos pensar que este pequeno país ten un idioma propio no que se escribe unha literatura que está á altura de calquera literatura europea".
Ser bilingüe é iso, defender o propio e estar capacitado para ler, tamén en castelán, ese outro idioma tan de noso. Ser galego é iso, apoiar o libro galego e poder emocionarnos lendo tamén noutras linguas, pero non deixar de protexer o propio (porque ninguén máis o poderá alentar se non o facemos nós).  
Beizóns a Juan Ramón Jiménez! Lembremos a biografía dese Nóbel que, entre outras cousas,  acolleu rapaces orfos na guerra...


11/12/14

De matemáticas


O xornal na clase de matemáticas. Unha nova proposta para aprender e se divertir cos números. Cecilia Alvarellos Casas.
Publicado pola editorial Alvarellos que así o presenta:
"O xornal como recurso pedagóxico na clase de Matemáticas foi, ata agora, moi pouco explorado, mais as súas vantaxes para o alumnado –sobre todo en Secundaria– son múltiples: conecta os rapaces e rapazas coa realidade, motiva debates sobre a actualidade, lévaos a comprender mellor o tratamento da información e as claves das estatísticas que aparecen nos xornais, finalmente, posibilita a relación de coñecementos que atinxen a varias materias".

10/12/14

CRIATURAS. A revista dixital de literatura infantil e xuvenil galega

Hai uns días, en Culturgal, fíxose a presentación pública desta nova publicación, tan necesaria que pasou varios días desaparecida da rede de puro exceso de interese. 
- Atascousenos!- é o mellor que se pode dicir dunha nova revista. Empachousenos de tanta xente como quería darlle de comer.
Quen dirá que non a sentimos imprescindible?
Poñémolas chapiñas, facémoslle un sitio e lemos o que nos din na editorial:
"Detrás de Criaturas estamos persoas de todos os ámbitos da creación e da mediación: escrita, ilustración, deseño, crítica, bibliotecas… e máis queremos que estean. Ademais de crear unha nova plataforma de difusión, análise e estudo da LIX, temos un certo degoxo de renovación, de dar voz a novas xeracións de todos estes eidos e outros que se vaian incorporando. Hai que lle procurar a isto que andamos a debullar no poliedro da lectura e dos libros de LIX, caras novas, ángulos distintos, vértices de confluenza e arestas de encontro. Porque a pesar de que vivamos neste anaco de mundo que corresponde ao punto cardinal exacto onde o vento nunca deixa de soprar, de seguro que aínda quedan cousas por inventar."

Coleccións relacionadas coa ciencia en galego para os máis pequenos (IV)


 

En Baía Edicións, a colección "Primeiros coñecementos de ciencia" dirixida a rapaces e rapazas de sete anos en diante, cos títulos:
Os sentidos
Simios e monos
Clima
Insectos
Aves
Réptiles
Terras polares
Planeta Terra
Luz e son
Materiais
Desertos
Casas de animais
Camuflaxe animal
Montañas
Océanos e mares
Baleas e golfiños
Sistema solar