A novela Recinto Gris, de Ledicia Costas foi escollida para formar parte da colección dos mellores libros do mundo para rapaces e rapazas con discapacidade, dentro da IBBY Collection 2015 (Collection of Books for Young People with Disabilities).
Segundo lemos na páxina web da editora, o libro será incluído no Catálogo que se presentará en roda de prensa o 30 de marzo de 2015 na Feira Internacional do Libro de Bologna “Bologna Children’s Book, 2015”.
A novela realiza unha posta en valor da diferenza e os seus protagonistas son todos persoas peculiares e, estigmatizados e recluídos, e serán precisamente esas diferenzas as que os axuden a liberarse. Nela abórdanse temas como a solidariedade, a opresión, a colaboración, a violencia ou a utopía.
A obra, publicada por Xerais, vai pola segunda edición.
1 comentario:
portada muy chuli
Publicar un comentario