Vía blogue da Asociación Galega de Editores (AGE) da nota FGEE-ISBN
No ano 2014 rexistráronse no ISBN 19.077 títulos en
formato dixital, un 6% menos da cifra rexistrada polo ISBN no ano 2013, no
conxunto das comunidades autónomas. Neste tempo, Galicia
duplicou o número de títulos dixitalizados ou creados directamente
nese formato, representando o 21 % da totalidade da produción realizada nesta
comunidade.
Os libros para soportes electrónicos representaron o
26% da produción total das editorias españolas nese exercicio. Malia esa caída
xeral do número de títulos catalogados, a porcentaxe feita pública nunha nota de
prensa pola FGEE, evidencia a aposta dos editores polos novos formatos. Dos datos por comunidades autónomas recóllese a situación de Galicia con 2.274
títulos; (3,1%). Nesta comunidade, a edición electrónico representa o 21 % do
total do editado.
O conxunto das editoriais españolas rexistraron 72.416
títulos en todos os formatos e en todas as linguas, segundo os datos recollidos
pola Axencia do ISBN. Esta cifra representa un descenso do 2,5% en relación aos
datos da mesma entidade do ano 2013. Os datos non recollen os títulos
catalogados por Autores-editores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario