Chegan novidades ás bibliotecas para celebrar o Samaín.
Mostrando entradas con la etiqueta cómic. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cómic. Mostrar todas las entradas
30/10/20
Quen dixo medo? Lecturas para o Samaín
Desde a editorial Xerais recibimos unha nova entrega de Astérix en galego: Astérix e os Normandos.Os normandos chegan a nosa coñecida aldea gala dispostos a saber que é o medo, certo é que o conseguen e, como sempre ocorre na Galia, todo acaba cunha canción.
Unha oportunidade para traballar o cómic, a historia, a xeografía e, por suposto, os medos que cada quen sinte e afronta de xeito diferente.
A editorial Bululú presenta unha nova creación de Xan Eguía: Seres Fantásticos do Camiño. Novamente, o autor e ilustrador achégase ao mundo da mitoloxía. Intentando saír do bosque, o protagonista vai descubrindo seres fantásticos dos diferentes Camiños de Santiago, criaturas da mitoloxía popular misteriosas e divertidas.
Un convite a adentrarnos na mitoloxía galega e a traballar o Camiño desde unha perspectiva diferente.
Etiquetas:
Camiño de Santiago,
cómic,
mitoloxía,
Samaín,
Xeografías lectoras
23/9/20
Wolfram. Espias, nazis e maquis
A editorial Xerais vén de publicar a última obra de Alberto Varela Ferreiro: Wolfram. Espías, nazis e maquis.
O cómic como ferramenta informativa que achega unha parte da historia de Galicia non moi coñecida, o acontecido durante a segunda Guerra Mundial coa presenza dos nazis no noso país.
Un fermoso percorrido visual polas cidades, vilas e aldeas galegas dos anos 40 do pasado século. Unha pequena obra enriquecida cun coidado glosario, mapas e bibliografía. Unha oportunidade para crear unha constelación literaria coas obras publicadas en galego, con esta temática, nestes últimos anos.
Unha lectura que convida a explorar, investigar... seguindo o lema deste curso "Xeografías lectoras na biblioteca escolar"
Etiquetas:
cómic,
constelación literaria,
historia,
Libro informativo,
Xeografías lectoras
11/9/20
Novidades para o inicio do curso: cómic e exploración artística
Desde a editorial Bululú chegan novidades para empezar o curso con creatividade.
Chega a segunda parte de Unha mestra en apuros con texto de Pilar Serrano Burgos
e ilustración de Jorge Campos "Ilustratecto". A nosa mestra de infantil lembra as situacións que vive día a día cun alumnado capaz de crear situacións imposibles. Un convite para que os adultos valoren o traballo do noso profesorado e para que o alumnado véxase reflectido no seu día a día. Un cómic cargado de humor e surrealismo.
Alén. A arte de explorar é un álbum ilustrado de Liébana Goñi que invita a mergullarse nas súas páxinas e explorar as referencias á creación artística e os seus protagonistas que nelas se agochan. Un recurso para ampliar os fondos dos espazos creativos das nosas bibliotecas.
Etiquetas:
álbum ilustrado,
biblioteca creativa,
cómic,
Libros con arte
20/1/20
Para ler en Paz
Cara ao 30 de xaneiro achegamos unha selección de lecturas para traballar no Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Diversidade de xéneros para falar de guerras, migracións, tiranos, racismo e mobilizacións (grandes e pequenas) na procura dun mundo mellor. Lecturas que convidan á reflexión, o debate e o compromiso. Lecturas que axudan a conformar a colección das nosas bibliotecas como auténticos viveiros de cidadanía.
Para primeiros lectores e lectores autónomos:
Ninguén coma min da editorial Kalndraka, unha oportunidade para reflexionar sobre a egolatría e os abusos de poder, para traballar a metáfora e para sorprender cun final que amosa que non todo é o que parece.
Tamén de Kalandraka, Non Stop. A recuperación deste Premio Hans Christian Andersen convida a seguir o camiño seguro fronte ao caos, cara a construcción dun nundo mellor.
De Alba Editorial, na colección Pequeñx & Grande, Anne Frank e Martin Luther King. Dúas biografías que achegan a infancia destes significados personaxes.
Para todos os públicos, lecturas sen palabras:
Migrantes, de Libros del Zorro Rojo. A forza das imaxes para falar do drama da migración e promover a empatía e a solidaridade.
Da mesma editorial, Un camino de flores. Un canto poético á importancia dos pequenos xestos capaces de transformalo todo.
Para lectores expertos:
Todo lo que pudimos, de Kraken Ediciones. Un relato biográfico sobre a traxedia da migración dunha familia que fuxe do Vietnam.
Da Editorial Milenio, Sweet Sixteen. O problema racial nos EEUU na pel dunha adolescente.
Un cómic de Demo Editorial, Tanta paz leves. Unha reflexión sobre os periodos de posguerra e as feridas que permanecen abertas.
Al sur de la Alameda, de Ediciones Ekaré. Unha novela ilustrada que pon o protagonismo nas revoltas estudiantís, na loita polos dereitos e pola procura dun mundo mellor.
Etiquetas:
álbum ilustrado,
bibliotecas escolares,
Colección,
cómic,
Día da paz,
historia,
Libro solidario
7/3/19
Lecturas para o #8M

Seleccionamos para conmemorar o Día Internacional da Muller dúas historias que aínda hoxe teñen vixencia, unha publicada hai 40 anos e outra, ambientada no século XIX.
As mulleres e os homes de Catroventos Editora, con texto do Equipo Plantel e ilustracións de Luci Gutiérrez, foi publicado en 1978 mais a historia que conta está de plena actualidade xa que os cambios producidos para acadarmos unha sociedade igualitaria non son suficientes.

O cómic Sally Heathcote. Sufragista publicado por La cúpula e coautoría de Mary M. Talbot, Kate Charlesworth e Bryan Talbot, conta a historia das mulleres inglesas que loitaron polo dereito ao voto feminino.
Ambos os dous libros forman parte das novas maletas de banda deseñada, As mulleres e os homes na de primaria e Sally Heathcote. Sufragista, na de Secundaria.
29/1/18
Novidades de banda deseñada: "Xinfu na maldición guauchuki"

A editorial Xerais publicou a finais de 2017 Xinfu na maldición guauchuki de Adrián Morgade.
Este cómic infantil está incluído na colección Merlín cómic, da que forman parte tamén títulos como Marcopola.
Xinfu (que significa feliz en chinés) e Wini son dous cans que viven unha vida pracenteira até que descobren un óso que posúe un poder máxico que os vai trasladar a outro mundo, onde vivirán aventuras extraordinarias.
Destinado a partir de primeiros lectores (6-8 anos), vén acrecentar os títulos
(aínda escasos) de banda deseñada infantil en galego, que poden formar parte dos fondos da biblioteca escolar ou ben dunha selección de cómics para as mochilas viaxeiras.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






