3/2/15

Presentacións editoriais en Culturgal

OQO, tamén se quixo facer presente en Culturgal.
Debo confesar que para daquela xa me tiñan convencido de que podería contar coas presentación e tomei poucas notas desta derradeira. Ben o sinto! Tentarei facelo na medida do posible...
Falou Eva Mejuto do interese da editora na narración no só en formato álbum senón tamén na animación a través do concurso "Nós tamén creamos", das series de animación “Os contos do Camiño” (26 capítulos de 10 minutos de duración, dirixida a un público de 3 a 7 anos nos que cada capítulo corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado) e "Caracois" (para público de 2 e 4 anos de idade; os capítulos, de seis minutos de duración, e baseados nas historias dos álbums de Caracois  - cinco libriños da colección NanOQOs en cartón duro e pequeno formato-) e a serie da TVG Cocorico. Animación e xogos arredor dos libros publicados pola editora.
Falouse tamén do libro A cociñeira do rei da narradora Soledad Felloza que resultou ganadora do Premio de Narración Oral Cociña de Contos, no que participaron contadores de España, Portugal e Polonia, e que forma parte dun programa europeo.
E rematouse facendo un percorrido polas novidades desta editora, moitas delas reedicións e reimpresións como A viaxe das bolboretas ou Cocorico  e novidades absolutas como Un anaquiño de horizonte (para maiores de 8 anos e da autoría de Arturo Abad e ilustracións de Miguel Cerro) e Quen pode vencer o vento? de Charo Pita con ilustracións de Mariona Arbona.
E rematouse coa proposta de ofertas das que nos fixemos eco, neste blogue.

No hay comentarios: