19/2/15

The Irish Times recoñece a tradución de "Todo é silencio" entre a mellor ficción do 2014



As páxinas do xornal irlandés The Irish Times recolleron a selección (feita pola encargada da crítica literaria do medio) do mellores libros de ficción editados no ano 2014 e, na segunda posición desta lista, situou a tradución do libro Todo é silencio (Edicións Xerais de Galicia) de Manuel Rivas.
Así o explica a crítica Eileen Battersby: "Cun entorno costeiro que podería ser o oeste de Irlanda e un elenco de personaxes que poderían tamén ser irlandeses", con "destellos do mítico escritor americano William Gaddis" (autor relacionado coa corrente "undergroud" e cuxo libro The Recognitions (1955) está segundo noutra lista da xornalista das mellores novelas americanas de todos os tempos). Este libro foi editado en inglés con tradución de Jonathan Dunne polo selo Vintage. 
A novela obtivo en Galicia o Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro narrativa para adultos, 2010, Premio Ánxel Casal ao mellor libro do ano 2010 e Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Narrativa), 2011. 
Esta novela foi levada ao cine por José Luís Cuerda en 2012. 
Acabaremos de crer na calidade da nosa literatura?

No hay comentarios: