

Algo máis sobre o libro – disco...
A caza do ghazafello. Unha aventura en libro-disco, con textos de Denís M, Ilustracións de Sara López, música de Marcos Paiño interpretada pola Orquestra das Ánimas coas voces de Antón Reixa, Xurxo Souto, Ugía Pedreira, Pulpiño Viascón, García MC, Ico, Manolo Maseda, Coralie Yap e Chine.
Vaia tropa! de Antón Cortizas con ilustracións de Mª Reyes Guijarro, na colección Merlín. Unha man chea de poemas que seguen o xogo que lle dá título e que continúa na dedicatoria “a todos os tolos e tolas de amar”. Poesía con rima na presentación do libro e do autor, poesía xogo que se introduce tamén nas ilustracións e na tipografía, poesía sen sentido na maneira de ler dándolle voltas á páxina ou á cabeza, no absurdo das propostas, no surrealismo que o pasea do dereito e do revés. Un libro que poderíamos chamar toponímico “Camilo é de Muros e tiña un camelo (...)”, “En Baiona hai unha casa sen xanelas (...)”, “Naceu un volátil bebé no Rosal (...)”. Versos en líneas, versos en círculos ou en semicírculo; versos para ler en vertical ou en espiral, do dereito ou do revés, directamente ou en espello, con lupa ou sen anteollos, seguindo curvas imposibles, en forma de caligramas... poemas nos que todas as palabras comezan con f e outros que esperan a que o lector ou a lectora os completen. Para axudar, ademais do espello flexible que acompaña ao libro, unhas notas ao final dan pistas para que ninguén se despiste. As ilustracións acompañan moi ben os textos, moitas veces son elas o texto, outras adoptan os mesmos xogos que os poemas, de aí que non só lemos palabras senón tamén imaxes. Unha moi interesante aposta de Xerais.
Hai libros que anuncian segundas partes, como aquel de Jacobo Fernández Serrano que acadara o premio Merlín 2009: Mil cousas poden pasar (Libro I). Agora, acaba de publicarse o Libro II.
"O amor xurdiu no mercado, cando un mozo de pelo roxo lle regalou á princesa unha mazá, malia que lle podía caer un lapote dun garda real, que daquela non andaban con andrómenas. Marisela aproveitou a ocasión e, sorrindo con picardía, soltou unha frase para a historia:

Punto de fuga de Miguel Cuba, publicado por Demo editorial (unha editora que está a mostrar o seu bo facer neste campo e nestes tempos).
Dentro das boas traducións ás que nos ten acostumados Galaxia, aparece na colección Árbore Que desfeita! traducida por Dolores Martínez Torres e ilustrada por Marta Álvarez.
Pois si, si, si...! Xaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa! Non vos amontoedes! 
Planeta Mincha, de Manel Cráneo.
Esta serie destinada aos primeiros lectores publicada dentro da colección Ler é vivir de Everest Galicia.
Recollemos da nota de prensa:
Trata das mil inquedanzas do protagonista, un científico orixinario das pradarías de Vërdia, unha das rexións do Planeta Mincha. O seu lugar de nacemento na pequena aldea de Hirflä chamada Virdüña, xunto cos seus costumes constitúen os aspectos máis atractivos dunha das primeiras entregas que baixo o título Diario de Pichük dá a coñecer Quen é Pichük? O seu autor, Manel Cráneo, recrea un mundo imaxinario con habitantes aos que lles gusta reflexionar e facer as cousas con calma, por iso entre outros detalles, tardan un ano en poñerlle nome aos seus fillos.
O autor (do texto e as imaxes) é o debuxante e ilustrador Miguel Cráneo (A Coruña, 19973), alguén que vén amosando unha ampla actividade desde mediados dos anos noventa, cando promoveu numerosos fanzines. Así mesmo, Cráneo participou nas dúas etapas da revista Golfiño —realizando a serie A fraga Milmañas con guións de Carlos Amil— asemade que traballos seus viron a luz en cabeceiras colectivas como BD Banda, Barsowia ou Subterfuge. Ex presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), liderou a súa práctica refundación en 2003. Nesa xeira foi tamén o principal promotor, con Kike Benlloch, do Colectivo Chapapote, resposta ao desastre do Prestige coa participación de ducias de ilustradores. Ademais dunha longa experiencia en cartelismo e publicidade, Cráneo é o responsable do storyboard de diversos filmes e curtametraxes.
Un novo video promocional. Esta vez trátase da obra A man do diaño de Brais Rodríguez, publicado por Demo editorial.
O autor, Brais Rodríguez, conseguiu o Premio Castelao de Cómic con esta obra. El, pertence á xeneración dos xoves dibuxantes que están impulsando o cómic en Galicia e reclaman poder desenvolver a súa carreira aquí, sen ter que exportar o seu talento.
"A man do diaño é un alegato antibelicista de estilo moderno e vinculado ao novo cómic europeo", en palabras do organizador do certame e presidente do xurado Miguelanxo Prado.
Brais Rodríguez é licenciado en Bellas Artes e foi combinando a súa faceta de debuxante ca de pintor ata que o mundo do cómic o atraiu ao completo. Foi cofundador do fanzine 'Carne Líquida' e un dos autores fixos da revista 'Barsowia'.
Unha novela gráfica que conta unha historia de intriga ambientada na Costa da Morte, nunha vila dedicada á caza de baleas, en pleno século XIX. Nesta obra atopamos referencias a feitos históricos como o naufraxio do buque Serpent perto do cabo Vilán.
Tokio sorpréndenos con este cómic editado por Demo Editora.

Unha de OQO na colección Q.

Moito hai que agradecer ás editoriais que, ademais de publicar os libros de calidade que se escriben en galego, promova as traducións de libros escritos noutras linguas. Faino Galaxia con moito empeño, e na súa colección Costa Oeste contamos cun bo lote de obras verquidas á nosa lingua. Eles posibilitan que podamos ler o mundo desde nós.
Un cadro de Picasso, con texto de Claire D´Harcourt (autor de obras como "Los teatros del mundo" ou "Mirar con lupa"), concepto gráfico de Loïc Le Gall e tradución do francés de Pedro A. Almeida, publicado por factoría K.

Tucho Despistes é o primeiro libro -do que temos noticia- de Ana Santiso.
Parabéns para Agustín e para toda a literatura galega!

Hai un conto no que se repite, unha e outra vez, ¡Que sorte tivemos con (menganito)! e vennos á mente cando facemos reconto do ano das Letras dedicadas a Lois Pereiro.
Libros e autores de aniversario.
O 1 de setembro, 32 aniversario da morte de Celso Emilio Ferreiro, foi noticia este autor ao poñerlle o seu nome á rúa onde viviu en Venezuela.
O próximo ano, 2012, conmemorarase o centenario do seu nacemento: o 6 de xaneiro.
Por estas razóns e, especialmente a calidade da obra, traemos de novo a estas páxinas a escolma poética deste autor, seleccionada por Ramón Nicolás e ilustrada por Baldo Ramos, o pintor de tintas e calígrafo poeta, dous homes de Celanova a mirarse a través do tempo. O libro, forma parte da colección Trece Lúas.
Esta será unha boa ocasión para volver á obra deste autor de títulos tan significativos como Onde o mundo se chama Celanova, Viaxe ao país dos ananos, O soño sulagado, Cimenterio privado, Terra de ningures ou Longa noite de pedra, que dou nome a toda unha época.E tamén unha desculpa para lembrar coleccións como Alba y Mayo de Ediciones de la Torre, que tanto teñen feito pola poesía para os nenos e nenas. Libros a resgardar a pesar de que o seu traxe xa non se sexa moda, pero segue feito coas mellores telas, libros a coidar nos expurgos cando alguén pretende dalos de baixa simplemente porque a súa presentación non resulte atraínte.
O souto escuro e perigoso de Miguel Vázquez Freire, ilustrado por Xosé Tomás en branco sobre negro, está publicado na colección Merliño de Xerais.


