20/10/11

Un novo libro de Paul Jennings

Dentro das boas traducións ás que nos ten acostumados Galaxia, aparece na colección Árbore Que desfeita! traducida por Dolores Martínez Torres e ilustrada por Marta Álvarez.

Unha colección de contos como sempre cheos de ternura, de humor e desa inocencia que ás veces se empapa de tristeza.

Na presentación editorial dísenos "É un libro grande que contén historias moi curs, moi divertidas e que servirán para que aprendas a ver cousas moi cotiás doutra maneira. Historias de malos disparatados. Humor e irreverencia no novo libro do autor de Vaiche boa!"

Calquera deles é unha xoia, desde o primeiro deles que lle achega a ilustración á cuberta, no que se nos conta a historia dun neno salvaxe que se cubre co máis extraordinario, con morcegos, e que con eles tamén consegue voar; aquel outro tan hiperbólico no que a terquedade dun avó e un neto fai medrar unha árbore no lugar máis inverosímil... ou aquel no que un rapaz ha de decidir de que lado do soño quere quedar nun profundo alarde literario.

Corramos a seguir lendo!

No hay comentarios: