18/10/11

ADIVIÑA... DE QUE LIBRO SE TRATA?




Del recollemos un par de perlas:
A respecto de Goebbels e a derrota do exército alemán en Stalingrado... “O caso é que, co seu estilo cínico e mentireiro de sempre, fixo discursos afirmando que un golpe como aquel só serviría para fortalecer aínda máis a Alemaña, que despois de recuperarse dunha desgraza tan grande sería, daquela si, definitivamente invencible. Dicía iso porque sabía que a xente empezaba a pensar precisamente o contrario. Empezaba a pensar que quizais o alemáns non eran tan invencibles como parecían. Aquel diaño era un xenio da propaganda política. Parecerache estraño, pero ese estilo aínda se utiliza hoxe en día. Trátase de negar a evidencia co maior descaro e acusar de mentireiros aos que din a verdade. É un estilo propio das ditaduras máis tamén serve para manter firmes as bases do teu partido despois dunha derrota electoral ou de calquera contratempo importante. Despois cambian o discurso contando con que a memoria colectiva é dçebil e intentan crecer de novo”
Ou esta outra
“Canto máis estúpido sexa o discurso máis absoluto é o poder”.




Acaba de saír e ten premio. Que o escribe é home e dedícase fundamentalmente a esa outra arte que tamén conta. (... e xa debe chegar)

No hay comentarios: