Planeta Mincha, de Manel Cráneo.
Esta serie destinada aos primeiros lectores publicada dentro da colección Ler é vivir de Everest Galicia.
Recollemos da nota de prensa:
Trata das mil inquedanzas do protagonista, un científico orixinario das pradarías de Vërdia, unha das rexións do Planeta Mincha. O seu lugar de nacemento na pequena aldea de Hirflä chamada Virdüña, xunto cos seus costumes constitúen os aspectos máis atractivos dunha das primeiras entregas que baixo o título Diario de Pichük dá a coñecer Quen é Pichük? O seu autor, Manel Cráneo, recrea un mundo imaxinario con habitantes aos que lles gusta reflexionar e facer as cousas con calma, por iso entre outros detalles, tardan un ano en poñerlle nome aos seus fillos.
O autor (do texto e as imaxes) é o debuxante e ilustrador Miguel Cráneo (A Coruña, 19973), alguén que vén amosando unha ampla actividade desde mediados dos anos noventa, cando promoveu numerosos fanzines. Así mesmo, Cráneo participou nas dúas etapas da revista Golfiño —realizando a serie A fraga Milmañas con guións de Carlos Amil— asemade que traballos seus viron a luz en cabeceiras colectivas como BD Banda, Barsowia ou Subterfuge. Ex presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), liderou a súa práctica refundación en 2003. Nesa xeira foi tamén o principal promotor, con Kike Benlloch, do Colectivo Chapapote, resposta ao desastre do Prestige coa participación de ducias de ilustradores. Ademais dunha longa experiencia en cartelismo e publicidade, Cráneo é o responsable do storyboard de diversos filmes e curtametraxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario