24/10/11

UNHA NOVIDADE, EN BANDA DESEÑADA

Punto de fuga de Miguel Cuba, publicado por Demo editorial (unha editora que está a mostrar o seu bo facer neste campo e nestes tempos).

Unha novidade a ter en conta, despois de ler o que, sobre o libro, escribe Miguelanxo Prado.

"Punto de fuga fala de realidades ben próximas, dalgúns dos conflitos cotiáns dun grupo social e xeracional claramente indentificable, da desorientación, as contradicións, as dúbidas de persoas que están día a día a o noso carón, se non somos nós mesmos versións do protagonista de historia ou dalgún dos seus amigos e compañeiros...Déixanos diante dun paradigma desta xeración en crise, un anaco de vida con selo de autenticidade, en tempo presente e impreciso futuro, lonxe dos tan abondosos e reiterativos relatos de postadolescentes nostálxicos, dos exercicios autobiográficos compracentes e triviais.Miguel Cuba amosa nesta obra todas a s súas potencialidades como autor de cómic e fai unha achega madura, necesaria e importante á banda deseñada galega".

No hay comentarios: