26/10/11

NOVO ÁLBUM ILUSTRADO



Troco de Roberto Castro con ilustracións de Margherita Micheli, na colección O para pequenos lectores da editorial OQO.

Trata dun troco, entre obxectos. Porque cando algo non che serve podes cambialo por outra cousa, porque o troco é algo tan válido coma o acto de mercar e vender. Neste caso, pártese dun engaño que volve a quen pretendeu estafar. Pero sobre todo trata do acto de ler, porque ao tempo que ten lugar o cambio de silla por tallo, de tallo por sofá, de sofá por balancín e de balancín por unha cadeira nova (ou iso era o que cría) o ovella protagonista... Dicíamos que ao tempo que ten lugar o troco, a ovella anda a ler o conto dos tres porqueiños e estes entran nas ilustracións da historia participando nos sucesos. Unha historia dentro da historia.

Os contos actuais onde non queda máis remedio que facer referencia a contos anteriores. Isto pode ser o mellor da historia, xunto coas imaxes que introducen -do mesmo xeito- uns personaxes na historia dos outros. A modo de bonecas rusas e de conto circular.

No hay comentarios: