24/7/14

Libros e antiutopías

Ledicia Costas, ganadora do premio Merlín de literatura infantil 2014, cunha obra que agardamos ter nas mans o antes posible, tense caracterizado ata este momento pola escrita xuvenil. Dela é Unha estrela no vento, O corazón de Xúpiter en Recinto gris, todas elas publicadas na colección Fóra de xogo de Xerais.
A última, Recinto gris, ambiéntase nunha distopía. Unha sociedade organizada arredor do medo e a uniformidade onde semella que o totalitarismo será permanente e non vai ter saída. Un ambiente asfixiante e pechado, un mundo sen futuro... e un final que conteén unha gran ensinanza que nos chega a modo de agasallo co lazo da sorpresa.
Teredes que lelo!

23/7/14

Libros de teatro e poesía. Teatro e poesía infantil.









 






  
 
O teatro é un xénero en desvantaxe e o teatro infantil está na marxinalidade da marxinalidade. Aínda así, conta co apoio decidido da Fundación Neira Vilas que continúa a convocar o seu premio Estornela para textos teatrais que está a publicar a editorial ferrolán Embora, seguindo a estela que comezara edicións do Castro na época -sempre lembrada- de Isaac Díaz Pardo.
Embora publica a obra premiada, e moitas veces tamén as finalistas (ou que obteñen unha mención especial do xurado). Así está a ser, tamén, cos premios Arume de poesía, convocados pola mesma fundación e dos que acaba de ser publicada a obra Versos e bicos ou O libro dos bicos de Xosé Luna.
Á última das pezas distinguidas co Premio Estornela, Arlequino Viceversa, é unha obra de Diana Varela Puñal que "dispón toda a loxística escénica de xeito tal que resulta doada a súa adaptación ás táboas sen necesidade de grandes esforzos". E tamén, "ofrece unha lectura en valores, con marcado acento para cuestións como a defensa das tradicións propias, a convivencia interxeracional, a esperanza e a ilusión por vivir, a capacidade para soñar e emocionarse e a importancia da solidariedade a a amizade", en palabras da crítica.

22/7/14

Kiko da Silva premiado


 
O IX Premio de Banda Deseñada Castelao que anualmente convoca a Deputación da Coruña, foi para Kiko da Silva pola obra O infernodo debuxante. Este premio conleva, ademais da cantidade económica establecida nas bases do concurso, a publicación da obra gañadora.

O xurado do certame, formado por Miguelanxo Prado, Ángel de la Calle e CarlosPortela, valorou especialmente o traballo de Kiko da Silva entre os 13 orixinais presentados, o que supón un récord de participación nesta convocatoria.

O relato ideado por Kiko Da Silva conta a historia de Manuel Pardo, un debuxante que nunca é quen de publicar ningunha das súas creacións porque sempre se atopa con que algunha outra persoa xa o fixera antes.
Kiko, autor da mil e unha propostas arredor da banda deseñada e o humor merece este e mil premios máis!

21/7/14

Libros que son continuación de outros. Libros de autoras moi premiadas

 
 
María Reimóndez anda a demostrar o seu bo momento creativo. Despois do Premio Xerais, acaba de acadar o premio de novela por entregas de La Voz de Galicia

Pero non é da autora da que queremos falar, senón do seu libro Volvo! O regreso de Usha que é a continuación de Usha, onde se nos relata a historia dunha nena que vive lonxe do seu país e nunha situación ben especial. Desde a nena protagonista, enfróntanse asuntos que preocupan nesas idades como a amizade, a aparición dos cambios do corpo na adolescencia, a atracción física ou o entendemento da sexualidade e a reprodución, e todo isto desde outras realidades que ensinan a estar no mundo atendendo á diversidade. Volve Usha e recibímola con alegría. 

Como todas as historias de María Reimóndez, esta tamén está ilustrada por Iván Sende, achegándolle esa identidade que fala do bo entendemento destes creadores.

18/7/14

Libros trilingües para practicar a tradución

 Un neno na emigración / Un niño en la emigración / An immigrant child é o título do primeiro libro para nenos e nenas de Francisco Álvarez - Koki, con  ilustracións de Marta Iglesias Rodríguez, publicado por Edicións do Cumio.
Recollemos da presentación editorial:
"(...) recrea con sinxeleza e efectividade, en boa parte  a través das reviravoltas protagonizadas por un neno chamado Breogán, realidades que calquera persoa que viviu o esgazamento que supón a emigración puido experimentar. Breogán, no seu caso particular, chega ao barrio neoiorquino de Astoria con tres anos, saltarica e brinca por el, por espazos da terra de acollida como son as rúas e os parques próximos á súa casa, como o zoo de Nova York, ao que contrapón ou suma máis ben as impresións e todo aquilo que aprende nunha viaxe na que percorre Galicia, lugar sempre presente na súa educación e formación.
Alén destas vivencias Breogán resulta operativo para pensar e repensar asuntos como a propia emigración, os valores que representan o fomento e  o  respecto á multiculturalidade ou o poder que a lingua  propia posúe como depositaria da identidade, do que supón para sermos e estarmos, con autenticidade, no mundo."
O autor, radicado en Nova York desde hai anos,  é coñecido pola súa obra Ratas en Manhattan (Sotelo Blanco Edicións, 2007), e tamén por unha ampla obra poética en castelán e en galego con títulos como  Lexanías (1980),  Maruxía (1989) ou Máis aló de Fisterre (1991 e 2000).
    

17/7/14

Libros para a infancia



16/7/14

Libros no taboleiro dos máis...

Unha das seccións máis interesantes do blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica, é o taboleiro do libro galego, que recolle os datos de quince librarías consultadas, as novidades editoriais máis vendidas...
Nel, aparecen os máis vendidos por xénero; neste caso recollemos os que corresponden a literatura xuvenil, infantil, LIBROS cd-dvd:
XUVENIL



2º-. Recinto gris, de Ledicia Costas, Edicións Xerais.

3º-. Dragal IIIde Elena Gallego, Edicións Xerais.

INFANTIL

1º-. O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso, Nova Galicia Edicións.
2º-. O Dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba, de David Aceituno e debuxos de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
3º-.  A burra Ramona, de Paula Carballeira (ilustracións de Xosé Tomás), Baía Edicións.

LIBROS CD-DVD

1º-. Brinca vai!, de Paco Nogueiras, ilustracións de David Pintor,  Kalandraka.
2º-. Na lingua que eu falo, de Najla Shami e Rosalía de Castro, Editorial Galaxia.
3º-. Pitusa semifusa, de Olga Brañas, ilustracións de Leandro Lamas, Editorial Galaxia.
-. Pan de millo, de Migallas, ilustracións de Dani Padrón, Kalandraka.

BANDA DESEÑADA

1º-. O bichero IV, de Davila, edición do autor.
2º-.  Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial

15/7/14

Lecturas para a merenda e libros que a facilitan

 
"Os libros da merenda", publicados por Urco editora, son libros de carácter popular en canto ao seu prezo, apenas 2,5 euros a unidade, o seu pequeno formato convérteos nunha sorte de mini-libros nos que a calidade e o coidado dos textos, a cargo de Martinho Terrafría, e o tratamento acaído das ilustracións, responsabilidade de Vladimir Zatonski, resulta ben palpable. Os universos que se recrean e as historias que se relatan nestas catro entregas -Señor Fiz, o repolo feliz, Don Bento, o porco fedorento, Fariñeiro, o burro larpeiro e mais Xoana, a ra lacazana- mergúllanse en referentes constituídos por elementos propios da  flora e dos animais domésticos humanizados, recurso a priori atractivo para protagonizar sinxelas voltas e reviravoltas argumentais, que procuran conscientemente manter o ritmo narrativo e certa musicalidade baixo a vontade, a meu entender, de desacralizar a idea da lectura, de procurar o divertimento e de non dar nunca as costas ao humorismo. Á concepción inicial destes libros engádese a posibilidade de interactuar co mesmo incorporando deseños que posibilitan ser completados e coloreados polo lectorado."
Así os presentaba o Caderno da crítica.
E porque eles son “nutritivos coma un bocadillo, doces coma unha onza de chocolate, divertidos coma un ovo kinder e ao alcance de todos os petos”, animámosvos a metelos no peto e darllos na man a eses pequenos que tanta necesidade teñen deste alimento na nosa lingua.
 

11/7/14

Libros en serie

Conan o Bárbaro é un personaxe que naceu nos relatos e novelas de Robert E. Howard, que con Conan (creado no ano 1932), e o seu precedente, o atlante rey Kull de Valusia, estableceu a base para as historias de fantasía, o chamado xénero de espada e bruxería.
Levado despois á banda deseñada e máis tarde ao cinema, Conan representa o estado esencial da humanidade, salvaxe e libre, fronte aos enganos da civilización. Neste volume preséntanse catro historias deste personaxe, continuando a cronoloxía interna da obra que comezamos co primeiro volume desta colección.
Urco editora presenta o terceiro volume da historia de Conan, en galego.Unha boa ocasión para lelo!

10/7/14

Literatura transmedia, libros que medran noutros formatos e soportes


As meigas de Lupa é unha novela de María Solar, da que xa falamos noutra entrada deste blogue.
O que agora nos chama a atención é o feito de que ese libro dou lugar a unha serie de produtos que seguen a falarnos dese imaxinario creado pola autora.
Ela mesma nolo conta desta maneira:
"É a historia máis linda que vivín na literatura porque medrou en moitos campos grazas ao traballo desinteresado de lectores.
Naceu como un libro xuvenil, pero leuno un compositor de música de cine que vive en Lugo e que eu non coñecía, David Alonso Garzón. Él criouse nos espazos do Pico Sacro dos que fala o libro. Así que inspiroulle unha Banda Sonora Orixinal"
Esta banda sonora foi recollida nun CD que acompañou a segunda edición do libro, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Banda sonora que resultou finalista dos prestixiosos premios Jerry Goldsmith de musica de cine. Podedes escoitala neste enlace.
E segue a contar María:
"Despois o mesmo compositor cun compañeiro (teñen unha productora) pedironme usar o libro para probar unha técnica audiovisual nunca feita en Galicia mesturando actores reais con escenarios recurtados en papel e sombras chinescas. Así implicaron a un artista plástico, a productora e o grupo de teatro Achádego de Lugo e naceu o booktrailer. E a web As meigas de Lupa onde contan o proceso que seguiron.
E despois aínda se fixo unha exposición preciosa e moi exitosa no Museo de Historia interactiva de Lugo cos proscenios usados para o audiovisual."
Sería xenial poder contar con esa expo rulando por toda Galicia, a que si?
De todo isto se dá noticia na páxina de María Solar.
Un libro que medra nunha BSO, un audiovisual, unha web e unha expo

9/7/14

Libros de monstros para comezar as vacacións



Sushi Books, o selo editorial do Morrazo presenta dous títulos que teñen como protagonistas aos monstros, na colección álbum. Ambos creados por autores e ilustradores islandeses como son Áslaug Jónsdóttir, Rakel Helmsdal,  Kalle Güettler e Áslaug Jónsdóttir.

Os seus títulos son Os monstros grandes non choran e Monstro pequeno di non, traducidos ao galego polo denominado «Equipo Sushi».
A personificación dos monstros con comportamentos case "demasiado humanos", o papel do poder pero tamén da amizade, a posibilidade de modificar os roles, son aspectos que aí aparecen para motivar o comentario, para animar a opinión. 
Para darlle unha volta a este mundo tan monstruoso!

8/7/14

Booktráilers de libros galegos (II)

Miremos algún dos que anuncian os libros dun dos nosos: Manuel Rivas e os seus libros Todo é silencio, Os libros arden mal,...

7/7/14

E... aínda máis booktráilers

Si, cada día aumenta o número de booktráilers de libros escritos en galegos, e cada día apetece máis velos, seguilos, observar como "falan" deles, como os presentan desta maneira, como adoptan esta linguaxe publicitaria...
Como esquecer o de Ámote Leo A, de Rosa Aneiros. Unha triloxía da que pedimos continuación, porque queremos saber qué vai pasar nese triángulo Galicia (toda Galicia) - Berlín, ou non?
Asasinato no Consello Nacional de Diego Ameixeiras

4/7/14

Máis booktráilers para libros galegos

O
O booktráiler como obxecto publicitario na rede, como porta de entrada a un libro, como produto audiovisual dun libro...
Cronoloxía de urxencia de Dores Tembras.
A illa de todas as illas de Xabier P. Docampo
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz

3/7/14

Booktrailers para libros galegos


Os booktráilers son ferramentas cunha gran capacidade para promocionar libros. No caso do libro galego, é fundamental ter en conta esta nova linguaxe audiovisual e a súa potencialidade.
De aí que queiramos visualizalos, tal como fai o blogue de Xerais: 
"Booktráiler da novela A viaxe de Gagarín de Agustín Fernández Paz, realizado por David Rodríguez. O booktráiler pode verse tamén no blog de Gagarín, unha bitácora que o autor abriu para informar do proceso de documentación da novela: «precisei documentarme antes sobre diferentes temas, que se foron ampliando a medida que avanzaba na redacción. Foi un proceso interesantísimo, onde descubrín verdadeiras alfaias: libros, páxinas web, películas, cancións…». Trátase, iso si, dun blog «que ten data de caducidade: nun cálculo aproximado, sáenme entre vinte e vinte e cinco entradas de interese. Esas serán as que desenvolva; cando as acabe, poñereille o ramo a esta iniciativa. A un ritmo de dúas por semana, en menos de tres meses estará rematado».
Outro booktrailer a ter en conta é o de Os televisores estrábicos, un libro de relatos de Ramón Vilar Landeira.

2/7/14

Libros que tentan axudar

Da presentación...
"O novo libro dos Bolechas busca concienciar sobre o acollemento familiar. 
Os Bolechas aumentan a familia, presentan a coversión desta comunidade en familia de acollida de dous cativos, Noela e Vintil, e do seu can, Sudoku. Deste xeito quérese impulsar a divulgación do acollemento familiar, un recurso que ofrece aos menores que o necesitan un fogar e unha familia coas que viviren mentres se solucionan os problemas da súa.
A serie dos Bolechas, creada por Pepe Carreiro, caracterízase por mesturar unha parte didáctica e outra de humor e lecer, unha combinación para poder chegar aos nenos e nenas e aos seus pais e familias e que leva triunfando xa 14 anos en Galicia."
Lembremos outro libro no que se recoillía esta temática Milu

1/7/14

Sabías que...?

Hugin e Munin acaba de traducir O afundimento do Titán, unha novela curta, escrita polo estadounidense Morgan Robertson, catorce anos antes do afundimento do Titanic. Semella que a ficción adiviña ou predí o futuro 
Así a presetna a editora: "A novela, pensada para o gran público, mais cun adecuado manexo da intriga que mantén vivo o interese do lector e que manexa ingredientes de distintos xéneros, desde o relato de catástrofes ata a aventura a través da natureza aterradora dos polos (...)Só nos queda sinalar que a noveliña, mais de cen anos despois de ser escrita e editada, segue a resultar entretida e fainos revivir a catástrofe do Titánic desde a pespectiva de quen a imaxinou catorce anos antes de que acontecese. Para os estudosos da literatura serve para que mediten sobre como foi xurdindo nos Estados Unidos unha literatura popular, de baixo custo, pero de calidade, que é a antecesora directa das grandes películas comerciais de éxito así como dos telefilmes e series que hoxe contempla tanta xente en todo o mundo.»
A tradución ao galego é de Alejandro Tovar.

30/6/14

Concurso de Teatro infantil 2014 da A.C. O Facho

 

A Asociación Cultural O Facho segue en pé, e continúa levando adiante concursos cos asentou os primeiros textos de creación literaria para a infancia galega. 

Agora, faise público o ganador da edición de teatro infantil 2014. Nesta ocasión correspondeulle a Carlos Labraña pola obra Moito morro corporation Sociedade Ilimitada. Este creador é suficientemente coñecido neste campo por ser autor ade obras tan recoñecidas como Indo para o samaín, O teatro dos soños, Os sons da buguina; Esperta, principiño!; O teatro de xoguete... e ganador de premios como o VI Concurso Estornela de teatro para nenos en 2010, mención honorífica deste mesmo cocurso Estornela en 2012 e ganador deste concurso O Facho en 2013

O xurado estivo composto polos autores Manuel Lourenzo, Carme Martínez Mosqueira e Rubén Ruibal.



27/6/14



Hansel e Gretel con texto de Tina Meroto e ilustracións de Iratxe López de Munáin.
Da presentación editorial:

26/6/14

Ana María Matute envolta en maxia

A autora de tantas e tantas novelas que crearon un bosque máxico.
Creadora de mundos onde os nenos, a incomunicación humana, o paraíso imposible e a maxia se facían presentes.
Ana María Matute acaba de deixar libre o sillón K da Real Academia Española, un sillón que antes ocupara Carmen Conde. Quizás esta letra teña certo misterio e exotismo, entre nós.
Con cantas horas de viaxe imaxinativo nos ten agasallado... e seguirá facéndoo coas novas xeracións.
Lembremos os seus libros destinados á infancia:
O máis premiado Sólo un pie descalzo (Premio nacional de Literatura Infantil)
La oveja negra
Cuentos de infancia (escritos entre os 5 e os 14 anos)

25/6/14

Libros que nacen a partir doutros: "Moito conto"

Recóllese da presentación editorial desta obra traducida por Marisa Núñez e publicada por OQO...
Mediante a técnica narrativa do relato enmarcado, que consiste na inclusión dunha ou varias historias dentro da narración principal, Moito conto é unha especie de contedor que dá cabida a unha chea de personaxes que aparecen e desaparecen recreando, ao seu paso, novas aventuras. Como ben apunta o autor, o escritor Enrique Páez, trátase de "un libro tesouro, un libro almacén, un libro índice de contos e de soños. Pode dar lugar a xogos creativos de interrelación dos personaxes, millóns de universos posibles no mundo dos contos".  
Atraída polo dobre sentido do título, a ilustradora francesa, Marjorie Pourchet, mergúllanos, nesta terceira colaboración con OQO, nun mundo de ficción onde os personaxes se converten en actores capaces de representar diferentes papeis. A estrutura do relato permítelle traballar os códigos do xénero e a procura de ambientación; así, para ela, "a habitación da Bela é o decorado dunha escena na que os personaxes interpretan as súas historias, o libro de contos é o teatro". O marco que aparece na primeira ilustración, inspirado en libros ilustrados antigos, sérvelle para definir os espazos narrativos: "é a porta de entrada dun espazo a outro: do interior do libro ao exterior, do espazo do texto ao da imaxe. É o fío que conduce ao desenlace da historia, á estrutura abismada do final", comenta a ilustradora. Tintas en tons pastel, contrastados con vermellos e negros e certos toques de gravado conforman a técnica utilizada para esta creación. A composición da portada é unha particular homenaxe ao ilustrador clásico Gustave Doré. Unha obra rica en detalles, na que texto e imaxe danse a man para cativar o lector, ofrecéndolle a oportunidade de darlle renda solta á imaxinación e de exercer como "disparador da memoria", segundo subliña o seu autor.

20/6/14

Novidades que son traducións

Os nenos de Bullerbyn de Astrid Lindgren, ilustrado por Ingrid Vang Nyman e traducido por Moisés Rodríguez Barcia, aparece publicado no selo Sushi Books
Así se recolle na presentación editorial: 
"Lisa, Britta, Anna, Lasse, Bosse e Ole viven en Bullerbyn, unha aldea tan pequena que non ten sitio para o aburrimento. Alí constrúen cabanas, van pescar, dormen na palleira e fan carreiras na neve."
A autora, cun cento de libros publicados e traducida a máis de 80 idiomas, foi avalada co Premio Hans Christian Andersen, o Premio Nacional de Literatura de Suecia, a Medalla de ouro da Academia Sueca e o Premio Internacional do Libro da Unesco. Trala súa morte, no 2002, instaurouse o Premio Memorial Astrid Lindgren de literatura infantil e xuvenil, ao que foi nominado en varias ocasión o escritor galego Agustín Fernández Paz.

19/6/14

Novidades: libros que acaban de saír (ou non tanto)

18/6/14

De Leo Lionni e Antonio Rubio



Números e Cores para achegar á rapazada de 0 a 3 anos ao ritmo e á rima por medio de versos sinxelos.
Iniciación a la poesía con libros de cartón, de puntas redondeadas e formato reducido.

Continúan a colección que comezara con Cando?, Onde?, Que é? e Quen é? O personaxe do rato creado por Leo Lionni ao que acompaña Antonio Rubio coas poesías sinxelas: unha pequena historia construída con textos rimados. 
Ambos creadores teñen un importante número de obras,, por exemplo, de Leo Lionni podemos citar en galego Pequeno Azul e Pequeno Amarelo, Fréderick, A casa máis grande do mundo, Nadarín e O soño de Matías.

17/6/14

A USC e a Biblioteca Internacional da Diversidade Cultural


Así se nos conta:
O Centro Internacional da Diversidade Cultural é unha iniciativa que forma parte do programa CampUSCultura e conta cunhqa biblioteca con máis de cinco mil volumes dunhas sesenta culturas distintas. 
Estará no Colexio de Fonseca como centro adscrito á biblioteca da USC. 
O Centro tamén conta cun espazo expositivo, un centro de documentación especializado no libro infantil e xuvenil e unha sala para investigadores e presentacións literarias. Unha biblioteca internacional campUSCulturae, un museo de carácter internacional sobre a ilustración, un centro da Interculturalidade, e outro máis sobre a creatividade. Estes son algunhas das iniciativas que fan parte de campUSCulturae, un proxecto académico a prol da diversidade cultural e das minorías lingüísticas. Un proxecto de cooperación no que participaron Portugal, Islandia, Polonia, Bulgaria e Alemaña, financiado con cargo ao proxecto Cultura 2007-2013 da Comisión Europea (cuns 2.273.857 euros).

16/6/14

Poesía para os seres máis pequenos





  
A colección "Do berce álúa" de Kalandraka xa contaba con cinco títulos: Lúa, Cinco, Miau, Crocodilo e Paxariña de papel. Agora, vese incrementada con tres máis. Todos eles parten do pictograma poético ou poegrama, unha modalidade de poesía para prelectores. Sempre xogando coas ilustracións moi sinxelas e recoñecibles de Óscar Villán, coa figura do neno presente en cada un deles para facilitar a identificación do lector, coa a rima e o ritmo, coas onomatopeas no caso de Violín e coa nociónsde enriba, debaixo e no medio, no libro Piñeiro e con estupendas repeticións e rimas en Zapato. Cando o texto e a imaxe se poñen ao servizo da poesía para os máis pequenos... xurde a maxia ¡o gran acerto!
Todos os títulos son da autoría de Antonio Rubio
Libros para rapazada de 0 a 3 anos, de pequeño formato para que os dean collidos nas mans, de cartón duro e sen arestas.

Tanto o autor como o ilustrador teñen varias publicacións nesta editora. De Antonio Rubio lembramos, para prelectores e primeiros lectores A merliña, O poliño da abeleira e Almanaque musical e de Óscar Villán A cebra Camila, Amora e Un becho estraño, para estas mesmas idades.

13/6/14

Libros premiados na factoría Xerais, 2014

Os ganadores no paseo dos Buxos
A escritora Ledicia Costas conseguiu o Premio Merlín de literatura infantil co libro Escarlatina. A cociñeira difunta, Eduardo Santiago o premio Jules Verne de literatura xuvenil con O gran reino e María Reimóndez con Dende o conflito o premio Xerais de novela.
Foron finalistas do Merlín Animais con ánima, Último voo e Amencerá canda o sol. O xurado recomendou á editoral a publicación do poemario presentado co lema Animais con ánima.
No Jules Verne resultaron finalistas Silencio e Genet. O xurado recomendou á editorial a publicación das obras finalistas presentadas baixo os lemas Silencio e Genet.
En canto aos Xerais, resultaron finalistas Sebastian Nell e A mirada de Ismael. O xurado recomendou á editorial a publicación da novela presentada baixo o lema Sebastian Nell.




11/6/14

Premios Frei Martín Sarmiento

 A Federación Española de Relixiosos do Ensino de Galicia-Centros Católicos, Ferega-Ceca, promove o premio Frei Martín Sarmiento, que recoñece as obras seleccionadas en cada categoría polo alumnado, e polos seus pais e nais dos centros que forman parte da entidade. 
Na décima edición, as obras galardoadas en educación primaria foron A pomba dona paz, de Ramón Caride na categoría de 1º e 2º cursos; O monstro das profundidades de Manuel Uhía, na categoría de 3º e 4º; e A verdadeira historia da mosca da tele de María Solar, na categoría de 5º e 6º. En secundaria, os gañadores foron Xesús Fraga pola obra O elefante branco, na categoría de 1º e 2º da ESO; Fina Casalderrey e Francisco Castro pola obra O neno can, na categoría de 3º e 4º da ESO; e Pedro Feijoo por Os fillos do mar, na categoría de bacharelato e adultos.



10/6/14

Novidades de libro. Historia rimada



As redes de Inés de Elvira Riveiro, ilustrado por Fino Lorenzo na colección Merliño.

Unha pequena historia rimada arredor de Inés, a atadora de redes que conta historias de mar. 
Ritmo e rima coordínanse coas colaxes que achegan vellas ou novas fotos ao lado de recortes en calquera idioma e debuxos realizados sobre o fondo ou os papeis de embalar, recortes de papeis de cores, de páxinas de libros, xornais ou propaganda... 
Da autora lembramos aquel outro libros de tanto interese, no que só se utilizaba unha vogal PaLaBrAs BrAnCaS, tamén ilustrado por Fino Lorenzo.

5/6/14

Libros que son novidade (1)



As noites de Xián de Concha Blanco ilustrado por Dani Padrón na colección Merliño.
A historia dun neno que vive ao lado do mar e ha de marchar coa familia a outro lugar, por mor do traballo dos adultos. Alí non hai mar e Xián bóta de menos o seu rumor cada noite ata que nunha delas, a lúa se lle achega para que desde un castelo (que trae no colo) unha princesa lle entregue unha caixa de música na que se escoita o son do mar. 
Saudade e fantasía retratadas coa maxia dunhas ilustracións onde as casas se abalan no leito do mar e os meniños usan as olas como sabas, onde as casas da outra localidade súbense ás árbores e onde os meniños viaxan polo mundo coa súa cesta de xoguetes ao lombo.