A colección "Do berce álúa" de Kalandraka xa contaba con
cinco títulos: Lúa, Cinco, Miau, Crocodilo e Paxariña de papel.
Agora, vese incrementada con tres máis. Todos eles parten do
pictograma poético ou poegrama, unha modalidade de poesía para prelectores.
Sempre xogando coas ilustracións moi sinxelas e recoñecibles de Óscar Villán, coa figura do neno
presente en cada un deles para facilitar a identificación do lector, coa a rima
e o ritmo, coas onomatopeas no caso de Violín
e coa nociónsde enriba, debaixo e no medio, no libro Piñeiro e con estupendas repeticións e rimas en Zapato. Cando o texto e a
imaxe se poñen ao servizo da poesía para os máis pequenos... xurde a maxia ¡o gran acerto!
Todos os títulos son da autoría de Antonio Rubio.
Libros para rapazada de 0 a
3 anos, de pequeño formato para que os dean collidos nas mans, de cartón duro e
sen arestas.
Tanto o autor como o ilustrador teñen varias publicacións nesta editora. De Antonio
Rubio lembramos, para prelectores e primeiros lectores A merliña, O
poliño da abeleira e Almanaque musical e de Óscar Villán A cebra Camila, Amora e Un becho estraño, para estas mesmas idades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario