Hansel e Gretel con texto de Tina Meroto e ilustracións de Iratxe López de Munáin.
Da presentación editorial:
Era unha vez unha parella de labregos moi pobres, que tiñan dous fillos: un
neno, que se chamaba Hansel, e unha nena, que se chamaba Gretel. Unha terrible
seca arruinara as súas colleitas e, como non tiñan comida para pasar o inverno,
decidiron abandonar os nenos no bosque.
E así foi... abandonados polos seus pais, Hansel e Gretel pérdense no bosque e atopan unha casa co tellado de chocolate, paredes de mazapán e fiestras de caramelo. Mentres gozan dos marabillosos manxares, unha malvada bruxa espreita e os arrastra cara o interior da casa...
En varias versións deste conto, un dos máis coñecidos dos irmáns Grimm, a situación inicial está composta por dous elementos: a pobreza da familia e a crueldade da madrastra, o primeiro elemento servindo de pretexto ao segundo. Na súa primeira versión de 1812, os irmáns Grimm falaban de nai, pero, en versións posteriores como a de 1819, introduciron o personaxe da madrastra, á que non lle unían lazos de sangue cos fillos do seu marido. Esta adaptación está baseada na primeira versión do conto e aporta elementos orixinais, diferenciándose doutras interpretacións. A verdadeira causa do abandono, neste caso, é a extrema pobreza dos pais. Tanto o texto como a imaxe buscan comunicar a unión da familia que se ve obrigada á separación por motivos económicos, por iso os nenos non gardan rancor aos seus proxenitores e, ao seu retorno, todo volve á normalidade e comparten os tesouros non só cos seus pais senón con todos os habitantes da rexión.
Iratxe López de Munáin é a ganadora do Premio Europeo "Cociña de contos" á mellor proposta de ilustración para o álbum ilustrado Hansel e Gretel, no marco do proxecto europeo, "Europa á carta". Este libro é o resultado deste premio, que tamén vai acompañado dun CD de música gravado pola Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra, que recolle unha selección instrumental de distintos fragmentos da ópera Hansel e Gretel. Esta ópera foi composta en 1891 e 1892 por Engelbert Humperdinck, con libreto da súa irmá Adelheide Wette, baseada no conto dos irmáns Grimm.

No hay comentarios:
Publicar un comentario