Unha nova achega de Pepe Carreiro, na estela daquela Historia da lingua galega e Historia de Galicia que publicara anteriormente na desaparecida editorial A Nosa Terra. Das marchas nómades á Marcha Mundial das Mulleres, segundo o propio autor, esta parodia histórica apenas repara en mulleres
senlleiras, aínda que as houbo e algunhas saen aquí. Repara e aínda se recrea
nas mulleres comúns, aquelas que, sen seren protagonistas de episodios
radiantes, foron as que mantiveron isto ao longo dos séculos. Elas cargaron coa historia nos seus lombos, sen deixaren de
atender a familia e a casa. Se cadra por iso é polo que, até non hai moito, as
mulleres galega, e moitas outras mantiñan con tanto equilibrio un peso na
cabeza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario